O CCU de Monforte estrea nova Xunta Directiva

A nova directiva do CCU Monforte, presidida por María Núñez, foi recibida polo Alcalde de Monforte, José Tomé Roca. Foto GPCM..

O CCU de Monforte ten novo equipo directivo, logo da finalización do mandato de tres anos do anterior presidente Juan Carlos González e do seu equipo. A nova xunta directiva da asociación de comerciantes monfortina, está encabezada por María Núñex, de FYM Moda, como presidenta, e contará no seu equipo con Miguel Pino (Grupo Aulario Athenea) como vicepresidente, Ana López (Da Nosa Terra), secretaria,
Rosa Ana Díaz (Raúl e hijos) como tesorera, Julio M. Llano (Comercial Llano) vocal e Ángel Folgueira como Xerente.
O pasado 2 de decembro, tivo lugar a primeira reunión da nova Xunta Directiva do Centro Comercial Urbano (CCU) de Monforte, que mantiveron unha reunión cos presidentes dos ANPAs dos colexios Ferroviario, Colexo Novo, Escolapios, A Gándara e Torre de Lemos cos que intercambiaron ideas, propostas e suxerencias, amosando as partes unha boa predisposición para futuras colaboracións.
Tamén mantiveron un encontro co Alcalde de Monforte, José Tomé Roca. Na xuntanza, que se mantivo nun ambiente de cordialidade, os representantes da asociación de comerciantes de Monforte trasladaron ó Alcalde diversas inquedanzas e proxectos en relación coa cidade de Monforte e coa Ribeira Sacra, co fin de aunar esforzos na busca da súa promoción.
Logo da reunión, o Alcalde e a presidenta do CCU quedaron emprazados para seguir mantendo reunións en vindeiras datas para abordar xa proxectos máis concretos, de axuda e dinamización do comercio local. O Alcalde manifestou a súa vontade de colaborar e axudar en todo o que sexa posible para que elo contribúa á mellora da cidade e da Ribeira Sacra.

NADAL PARK
A nova xunta directiva está volcada na campaña de Nadal, unhas datas especialmente significativas para o comercio local, e que este ano ten como principal novidade o NADALPARK DO CCU, un Parque Infantil de Nadal que estará aberto do 22 ao 24 de decembro no Pavillón do Colexio Ferroviario. Ademais, o sábado 24 de decembro, o CCU organizou en Monforte a visita de Papá Noel na Rúa Cardenal xunto á árbore de luces de Nadal e estará acompañado polos seus renos e trineo.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Un documental emitido por TVE proxecta a riqueza gastronómica da provincia de Lugo

Seguinte Nova

Julio Álvarez non será candidato á alcaldía de Quiroga nas vindeiras eleccións municipais

Últimas noticias sobre SOCIEDADE

Ir aInicio

Don't Miss