O Concello mellora o firme da rúa Doutor López Suárez

Obras de mellora do firme da rúa Doutor López Suárez, na zona do Cuartel da Garda Civil de Monforte. Foto GPCM.

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, informa do asfaltado da rúa Doutor López Suárez, dentro das obras de mellora que o Concello está a desenvolver nesta rúa da cidade. está a desenvolver nesta rúa da cidade.
Ademais, o Concello está a desenvolver actuacións de mellora noutras catro da cidade, as rúas Echegaray, Poeta Manuel María, Saviñao e Pascual Veiga.
A suma dos investimentos que o Concello destinou a estes 5 proxectos supoñen unha inversión de case 180.000 euros e que consisten na mellora e renovación do firme de ditas rúas.
“Deste xeito” engadiu o Alcalde, “o Equipo de Goberno deste Concello segue a licitar a contratación de obras, servizos e subministros públicos para seguir mellorando Monforte tal como vimos facendo dende que chegamos ó Goberno fai 7 anos, e que seguiremos facendo para cumprir o compromiso que temos con todos os monfortinos e monfortinas”.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Chantada e Sarria celebran o Nadal

Seguinte Nova

Moita animación e afluencia nos Mercados de Nadal de Monforte

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

Ir aInicio

Don't Miss