O fotógrafo monfortino Manuel Valcárcel expón
Destino, no Pazo de San Marcos

Foto Manuel Valcárcel

Ata o 31 de xaneiro de 2023 poderá verse no Pazo de San Marcos de Lugo a exposición fotográfica Destino, de Manuel Valcárcel, o resultado dunha peregrinación interior por catro continentes que vai unindo historias ligadas por un mesmo senón: partindo da idea de que o destino marca o noso devir, son as nosas eleccións as que en realidade marcan o camiño.
A exposición e o catálogo divídense en cinco viaxes que van en orde cronolóxica e cada un ten un leitmotiv que explica o periplo e uns personaxes que o levaron a cabo. O primeiro foi no Tíbet, no monte Kailash, motivado polo perdón interior e no que o propio Piro realizou a kora; o segundo tivo como escenario o Senegal, no que un amigo de Piro, Assan «Billy», por amor cara á súa familia regresou ao seu fogar; a continuación vén México, viaxe motivada polo respecto á natureza e cuxos protagonistas foron un amigo do fotógrafo, Lolo, xunto con Elia Sacro e don Flor. As dúas últimas viaxes, á Casa dos Deuses (León) realizouse durante a pandemia, por iso é polo que a súa leitmotiv sexa a saúde e é o que máis personaxes ten; a última viaxe, que en palabras do fotógrafo pecha unha etapa da súa vida e de aí a esperanza polo futuro, realizouse en Galicia.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Monforte, primeira cidade galega en presidir a Red de Juderías de España

Seguinte Nova

O 2 de xaneiro abrirase o prazo para solicitar as axudas para o alugueiro de vivenda

Últimas noticias sobre CULTURA

PROGRAMA LUGOTERMAL 2024_2025

A Deputación abrirá o prazo de inscrición ás 09:00 horas do luns 02.12.2024 da nova edición do LugoTermal, con máis de 1.700 prazas. 
Ir aInicio

Don't Miss