Quiroga aproba os Orzamentos de 2023

Imaxe do brinde no Pleno Municipal de Quiroga. Fotos GPCQ.

A Corporación municipal de Quiroga xa ten aprobados os presupostos para o ano 2023. Uns presupostos que ascenden a 4.713.302´17 €, case 400.000 € máis que os do pasado ano.
O alcalde presidente, Julio Álvarez, recalcou na presentación dos orzamentos, que se trata dun “ ano extraordinario grazas á política que ten o Goberno Local, na que se incrementaron os ingresos a través do Capítulo III (taxas e prezos públicos) e tamén as transferencias de capital, é dicir, o diñeiro que se consegue a través de subvencións e axudas que pasou de 344.000 € no 2022 a 607.000 € neste ano”. Pero o máis importante – subliñou – non é só o incremento se non que a pesar das importantes obras que se están facendo: o cemiterio, a nova praza, a apertura dunha rúa e a renovación da traída de auga, conseguimos diminuír a carga financeira. No referente á carga financeira Álvarez matizou que a lei permite estar ata no 110% e “Quiroga estará o vindeiro ano no 2´42%, baixando en 0´5 puntos con respecto a este 2022”, algo que “poucos concellos poden facer despois da inversión que se está levando a cabo”. Todo isto cun capítulo de inversións reais de 607.000 euros.
Pola súa banda, os concelleiros dos grupos da oposición que votaron en contra dos orzamentos argumentaron o seu voto no caso do grupo mixto (BNG) en que son uns presupostos “conservadores, como para ir tirando” e no caso do PSOE-PSdeG, en que se trata dos orzamentos máis complicados en canto ao gasto comparándoos cos de anos anteriores.
Julio Álvarez remataba a súa intervención no referente a este punto da sesión plenaria recordando novamente as tres obras “importantes e case únicas na provincia: cemiterio, praza e rúa” ás que se lle van sumar outras que van contempladas nestes presupostos e “todo isto sen pechar ningún solo servizo dos que se están prestando”. En canto ás inversións contempladas aparece a rexeneración de accesos a Pacios da Serra, Centeais e Castroportela, a pavimentación de camiños a servizos públicos e a varios barrios de Quiroga, o desbroce e limpeza dos camiños de acceso a todos os núcleos, o equipamento e a mellora en equipamentos infantís ademais da realización de pequenas infraestruturas. Sen esquecer as obras complementarias ao cemiterio e a pavimentación da nova rúa.
O alcalde presidente recoñeceu tamén ter máis gasto en persoal, debido -dixo – a que está presupostada a Unidade de Atención Temperá, financiada pola Xunta de Galicia, pero que ten que ir reflexada nos presupostos. Tamén se incrementan os gastos correntes, estes gastos son condicionados pola política que marca o Goberno da Nación (coste enerxético, incremento dos carburantes, subida salarial e incremento do IPC).
A pesar disto “estamos financiando débeda e temos unha débeda ridícula do 2´42%, cando o Estado está por riba do 117´3 %”.
A sesión plenaria da aprobación dos orzamentos, a última deste ano, remataba cun brinde de todos os concelleiros da corporación por Quiroga e polo vindeiro ano.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Sete empresas concurren á licitación para dotar de abastecemento de auga potable distintos núcleos de Pantón

Seguinte Nova

Mercar en Quiroga ten premio

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

Ir aInicio

Don't Miss