Sete empresas concurren á licitación para dotar de abastecemento de auga potable distintos núcleos de Pantón

A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, recibiu 7 ofertas de empresas para executar as obras para dotar de abastecemento de auga potable as parroquias de Santiago de Castillón, San Vicente de Castillón e Santo Estevo do Mato, no concello de Pantón, que foron licitadas por importe de case 610.000 euros.
O obxectivo é dotar de rede de abastecemento de auga potable a 240 veciños de 26 núcleos destas parroquias, que actualmente carecen deste servizo, abastecéndose a través de pozos.
A través deste contrato executarase unha captación de 120 metros de profundidade; construirase un depósito de 100 m³, de estrutura de formigón armado; e adxacente unha caseta coa cámara de chaves, un grupo de presión equipado con dúas bombas con caudal variable e presión constante, e o equipo de cloración.
Tamén se disporá unha rede de distribución, de tubaxe de polietileno de alta densidade. Serán 12 km de conducións, cunha parte de rede en presión naquelas zonas onde esta non é suficiente para levar a auga as casas e, no resto, por gravidade; ademais de 149 acometidas.

Estas intervencións teñen un prazo de execución de 6 meses e suporán, no seu conxunto, un investimento de 650.000 euros.
A actuación enmárcase no convenio de colaboración asinado entre a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través de Augas de Galicia, e o Concello de Pantón. A Xunta achega 520.000 euros, ademais de contratar e executar as obras. Pola súa banda, a entidade local achegará os outros 130.000 euros e asume a realización das xestións pertinentes para posibilitar a execución das obras, así como a recepción, posta en servizo, mantemento e explotación destes servizos.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Pantón celebra un Nadal cargado de ilusión

Seguinte Nova

Quiroga aproba os Orzamentos de 2023

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

Ir aInicio

Don't Miss