Un documental emitido por TVE proxecta a riqueza gastronómica da provincia de Lugo

A Deputación de Lugo emite este domingo, 18 de decembro ás 14:30 horas en La 2 de Televisión Española, o seu documental Gastronomía de origen: de la tierra al plato. Unha produción coa que a institución provincial leva á pequena pantalla a calidade dos produtos lucenses e as súas bondades en alta cociña.
Recoñecidos profesionais lucenses da cociña e produtores locais protagonizan este audiovisual que achegará ao espectador a gran variedade de sabores que ofrece a provincia, así como a posta en valor da produción tradicional e sostible. No documental aparecen, por exemplo, emblemas da terra e do mar con Indicación Xeográfica Protexida e Denominación de Orixe, como a faba de Lourenzá, o queixo da Ulloa, a tenreira galega, o porco celta ou a merluza de Celeiro. Cunha duración de 52 minutos, Gastronomía de origen: de la tierra al plato é unha proposta culinaria que percorre a xeografía luguesa para espertar na audiencia novas sensacións e o amor á terra e ao traballo ben feito, a través de entrevistas e a elaboración de pratos que fusionan a esencia da tradición coas técnicas máis vangardistas. Os cociñeiros, membros da Asociación Provincial de Cociñeiros de Lugo, que participan na cinta son: Santi Almuíña, do restaurante Colón; Nardo Eiroa, de Canedo Brasería; Bruno Pena, de Oca Playa Foz; Alejandro Méndez, dos Cachivaches; Antonio Lorenzo, da Faragulla Chantada; e Diego López, de Bulló Xantar. En canto aos produtores, aparece Adrián Sixto Trigo, de Embutidos Hermelino; Roberto Hernández, de Gallaecia Delicatessen; José Cuadrado, de Terras da Mariña; Antonio Ferreiro, de Artelac, e Miguel Neira, dos armadores de Burela.
A produción, dirixida polo lucense Jaime Pardo Valdés, pasará a formar parte nos vindeiros tres anos da grella da cadea pública para vindeiras difusións, en diferentes días da semana e horarios, incluíndo as franxas de prime time. Tamén estará dispoñible á carta na plataforma da compañía de Radio Televisión Española.

Proxección da provincia
Gastronomía de origen: de la tierra al plato é a segunda das producións temáticas que a Deputación difundirá na cadea pública para proxectar a nivel nacional os recursos turísticos da provincia, dentro da aposta da institución por un modelo de turismo sostible, de calidade e de experiencias, con capacidade para atraer visitantes durante todo o ano e que deixa valor no territorio en termos económicos e de emprego.
O pasado 3 de decembro emitiuse o documental 820 Km. Las siete vías de peregrinación por la provincia de Lugo, de promoción dos Camiños de Santiago ao seu paso pola provincia e nas vindeiras semanas proxectarase o de Rutas científicas pola provincia de Lugo, que percorre a Serra do Xistral, o Xeoparque Montañas do Courel ou as xeorrutas pola costa Cantábrica.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Máis de 50.000 persoas coñeceron a Ribeira Sacra a bordo dos catamaráns da Deputación

Seguinte Nova

O CCU de Monforte estrea nova Xunta Directiva

Últimas noticias sobre TURISMO

Ir aInicio

Don't Miss