Catro bens de interese cultural (BIC) de Quiroga serán dixitalizados pola Xunta de Galicia formando parte dun catálogo que recolle 337 bens en toda a comunidade.
A Xunta de Galicia, a través dos fondos europeos do plan de recuperación, acaba de licitar o contrato para dixitalizar todos os bens de interese cultural (BIC), dos que 7 están na comarca de Quiroga, e catro deles no Concello de Quiroga.
Coa intención de acadar un catálogo actualizado de todos os bens relevantes, cada BIC contará con entre 20 e 75 fotos dixitalizadas, dependendo do tipo de monumento ou conxunto monumental.
Este proxecto de inventario supoñerá un paso para ter todo o patrimonio recollido de forma dixital e actualizado a nivel audiovisual. A Xunta poderá utilizalo con criterios máis uniformes para as súas campañas de promoción, para a súa mellor conservación ou para a súa posta en valor a través de todo tipo de publicacións.
A catalogación farase sobre o Castelo de Carbedo, Froxán e Seceda en Folgoso do Courel e sobre os Covallos, o Castelos dos Novais, o Tunel Romano de Montefurado e a Ponte do Bibei. •
Últimas noticias sobre INICIATIVAS
A Xunta celebrará na Ribeira Sacra un congreso internacional para impulsar a súa candidatura a Patrimonio
A Asociación de Comerciantes, Empresarios, Profesionais e Autónomos de Sarria (ACES)-CCU lanzou, coa colaboración da Xunta
As adegas do Saviñao, entre as que se atopan Adegas Moure S.A, Pilares de Belesar S.A,
A xuntanza, que reuniu a 400 palilleiras e 12 comerciantes, contribuiu a dinamizar o turismo e
A campaña arqueolóxica en Penas do Castelo, situada na parroquia de Salcedo (A Pobra do Brollón),