A Xunta e os concellos de Chantada e O Saviñao estudarán a posibilidade de implementar senllos polígonos agroforestais para gandería

• O conselleiro do Medio Rural, José González, lembrou que o seu departamento destina para o ano 2023 un total de 5,9 millóns de euros para o desenvolvemento de instrumentos de recuperación da terra agraria

O conselleiro do Medio Rural, José González, acompañado da directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, visitou Chantada para manter unha xuntanza de traballo co seu alcalde, Manuel Lorenzo Varela, para coñecer as principais demandas e necesidades dos veciños deste municipio lugués relativas ao agro.

GANDARÍA DE PORCINO NA PARROQUIA DE SABADELLE
De feito, abordouse a posibilidade de implementar un polígono agroforestal para gandaría de porcino na parroquia de Sabadelle.
Neste senso, José González sinalou que a implantación deste tipo de polígonos -ferramenta que contempla a Lei de recuperación da terra agraria de Galicia- permite poñer en produción grandes áreas de terra agroforestal con boa capacidade produtiva que acadou, co paso do tempo, un estado de abandono ou infrautilización, recuperando deste xeito unha actividade agrícola ou forestal na zona.

OS TÉCNICOS ESTUDARÁN A VIABILIDADE DO PROXECTO
Así, tras a visita aos posibles terreos do polígono, o conselleiro acordou co alcalde enviar técnicos da Axencia para estudar a viabilidade do mesmo e poder comezar cos traballos o antes posible. Nesa liña, lembrou que o seu departamento destina para o ano 2023 un total de 5,9 millóns de euros para o desenvolvemento de instrumentos de recuperación da terra agraria, un 11% máis ca en 2022. Deste montante, explicou, uns 4,4 millóns serán para actuacións en polígonos agroforestais e aldeas modelo.
Desta forma, o conselleiro indicou que tanto os polígonos como as aldeas e as agrupacións de xestión conxunta resultan claves na loita contra os incendios, xa que promoven a xestión da terra e a ordenación do territorio rural. Por iso, desde a Consellería avógase por un enfoque de paisaxe en mosaico, con descontinuidades que freen o avance dos incendios.

OUTRO POLÍGONO NO SAVIÑAO, NA ALDEA DE XESTO
Uns días antes da vista a Chantada, o propio conselleiro do Medio Rural, José González e a directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, reuníronse co alcalde do Saviñao, Juan Carlos Armesto, quen lles trasladou as principais necesidades en materia agrícola e gandeira, abordándose tamén, no mesmo senso que en Chantada, a posibilidade de implementar un polígono agroforestal para gandaría, neste caso, nos arredores da aldea de Xesto.
Corresponderá tamén neste senso, aos técnicos da Axencia estudar e determinar a viabilidade deste polígono, paso previo para poder comezar cos traballos o antes posible.

ARRANXO DA ESTRADA DO CRUCE DE TRIBÁS A OUSENDE
Noutra orde de cousas, tamén se tratou a necesidade de arranxar diversos viarios. Así, avanzouse que no Plan de Infraestruturas Rurais de 2023 consignarase unha axuda para arranxar a estrada do cruce de Tribás a Ousende, cunha dotación de 120.000 euros.

OFICINA AGRARIA MÓBIL
Así mesmo, ambos dirixentes abordaron a posibilidade de apoiar os montes veciñais da localidade e a de reforzar a colaboración para a loita contra os incendios. Por último, tendo en conta a dispersión dos núcleos de poboación deste concello, o conselleiro acordou garantir a presenza da Oficina Agraria Móbil para mellorar as prestacións de servizos no municipio.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A Vicepresidencia da Deputación organizou 450 actividades culturais e lúdicas ao longo de 2022

Seguinte Nova

O Plan Único 2023 da Deputación de Lugo inxectará 21,5 millóns de euros nos concellos

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

Ir aInicio

Don't Miss