A Xunta de Galicia destinará en 2023 un orzamento total de 1,73 millóns de euros ás axudas para adoptar medidas de prevención fronte aos ataques do xabaril —0,28 M€— e a pagar as indemnizacións para paliar os danos causados por esta especie en cultivos e explotacións agrogandeiras —1,45 M€—.
A directora xeral de Patrimonio Natural, Belén do Campo, visitou durante a visita a unha das explotacións de bovino que resultou beneficiaria de ambas ordes de axudas o ano pasado, anunciou que o Goberno galego manterá en 2023 o esforzo económico que vén facendo xa nos últimos anos para apoiar ao sector agrogandeiro e á poboación do rural na súa convivencia coa fauna silvestre.
Así, anunciou que xa están publicadas no DOG dúas ordes de axudas para, por un lado, implantar medidas preventivas fronte ao lobo, o oso e o xabaril en explotacións gandeiras, agrícolas e de autoconsumo, cunha dotación de 1,06 millóns de euros; e por outro, para contribuír aos custos derivados da instalación de valados fixos para protexer ao gando dos ataques do lobo, unha liña á que se destinarán 400.000 euros.
Ata o 6 de febreiro todas as persoas interesadas poderán acollerse a estas novas convocatorias de axudas.
Entre as medidas de prevención subvencionables referiuse á adquisición e manutención de cans para protexer e defender o gando (ata 300 euros por exemplar e 200 euros para gastos de alimentación, cun límite de 3 cans por explotación); á compra de pastores eléctricos (ata 600 euros para comprar como máximo 3 pastores); e á instalación de cerrumes con mallas electrificadas (8 mallas e 800 euros por explotación).
Ademais das subvencións para prevención que se convocan mañá, a directora xeral explicou que xa no mes de decembro se publicou outra orde de axudas para compensar os danos ocasionados polo lobo, cun orzamento reservado de 646.000 euros, a mesma contía que en 2022. No caso das medidas fronte aos xabarís, Belén do Campo engadiu que o 21 de decembro tamén se convocou a orde de subvencións para paliar o impacto deste tipo de incursións nos cultivos agrícolas ligados a explotacións profesionais e a propiedades particulares, cun orzamento inicial de 1,45 millóns de euros. Se subvencionarán os danos producidos por esta especie entre o 11 de outubro de 2022 e o 10 de outubro deste ano e que, como principal novidade, a contía máxima da axuda será de 2.750 euros por explotación, 250 euros máis que na convocatoria anterior. •
Últimas noticias sobre AXUDAS
O Diario Oficial de Galicia (DOG) vén de publicar dúas ordes de axudas da Consellería de
A Xunta de Galicia acaba de lanzar unha nova convocatoria da liña de axudas para a
A Consellería de Emprego, Comercio e Emigración lembra que o prazo de solicitude das axudas autonómicas
A Vicepresidencia da Deputación de Lugo vén de presentar no a comezos de mes no Pazo
A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude, vén de convocar