As fortes choivas do primeiro de xaneiro provocaron inundacións, desbordamentos e cortes de tráfico en todo o sur de Lugo

Xa o 20 de decembro rexistráronse fortes choivas que incrementaron significativamente os leitos dos principais ríos das nosas comarcas, pero o vivido o día 1, facía moito tempo que non se lembraba. En Monforte o río Cabe, ao seu paso pola cidade causou importantes desfeitas, aínda que a situación máis grave viviuse en Chantada, onde numerosos coches e baixos comerciais víronse afectados pola riada provocada polo desbordamento do río Asma na zona da Alameda. Tamén houbo danos considerables na parroquia de Sariña e no lugar de Pincelo, onde a corrente arrastrou un tanque de subministración de auga.
Con esta situación dende o Concello informan que están a estudar a posibilidade de solicitar a declaración de zona catrastrófica.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O Hospital de Monforte pon en marcha o novo laboratorio de análises clínicas e reformará de inmediato o de microbioloxía

Seguinte Nova

A Vicepresidencia da Deputación organizou 450 actividades culturais e lúdicas ao longo de 2022

Últimas noticias sobre PORTADA

A %d blogueros les gusta esto: