Logo do mal comezo de ano do Lemos, gaña ao Portomarín e sae dos postos de descenso

Foto Montero

Non puido ser, e no primeiro partido o ano 2023, o Club Lemos rompeu a súa serie de tres partidos sen perder, ao caer derrotado no seu feudo ante un dos rivais directos polo que agora parece o único obxectivo posible, salvar a categoría. Os lemistas, dirixidos polo tandem Óscar Moure-Juan Rodríguez, contan cun plantel moi xusto en canto aos efectivos de garantía cos que afrontar a categoría, e iso se esta notando esta tempada. Aínda valorando o potencial dos xogadores do Lemos B (como Alex Sanmartino esta pasada fin de semana), e a vontade e esforzo que están a poñer cando se conta con eles no primeiro equipo, o certo é que enseguida déixanse ver as costuras dun equipo feito con alfinetes. E quizá non sexa unha frase feita, o certo é que a directiva que encabeza Óscar López, logo do notable éxito que supón acabar coa histórica débeda do club, non está a conseguir o necesario respaldo dunha afección, que apenas chega aos 300 socios, dos cales, uns cantos aínda non recolleron o seu carné deste ano.
Con tan pouco respaldo social e os ameazantes problemas económicos calquera idea de recuperar a categoría de terceira división non é senón unha quimera. Moitos afeccionados lemistas viven, vivimos de recordos pretéritos.
Pero eran outros tempos, o club Lemos superaba de longo os 1000 socios, o vello Luís Bodegas congregaba a moitísimo público os domingos, e o equipo competía con equipos como o Racing de Ferrol, o Ourense, o Compostela ou o propio CD Lugo. Hoxe isto nin está nin se lle espera.
Pero hai que ser xustos, tampouco Monforte é o que foi, tamén a cidade estase a degradar cada día máis, lonxe queda competir con Vilagarcía de Arousa por ser a oitava cidade de Galicia, o que nos enchía de orgullo aos máis novos a finais dos anos setenta e primeiros oitenta. É máis, tras o último censo, estamos a piques de baixar dos 18.000 habitantes, a poboación envellece e se emprobrece. Con todo, nestes tempos, os mozos seguen xogando ao fútbol, posiblemente hai máis fichas de canteira que naqueles anos, gústalles ver fútbol na televisión, pero non se senten atraídos polo Club Lemos, por chegar a este equipo. É máis, moitos dos xogadores monfortinos prefiren xogar no At. Escairón ou outros equipos da zona de inferior categoría nos que non haxa tanta esixencia. Perdeuse a identidade. E así é moi difícil.
Triste centenario nos espera para este ano 2023. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O Plan Único 2023 da Deputación de Lugo inxectará 21,5 millóns de euros nos concellos

Seguinte Nova

Eduardo Iglesias operado con éxito

Últimas noticias sobre DEPORTES

A %d blogueros les gusta esto: