O Concello de Sober aprobou un Orzamento de 3.138.243 euros para este ano 2023

Os orzamentos contemplan a humanización da Praza de Lobios. Foto Carlos Rueda.

O Concello de Sober vén de aprobar o orzamento para 2023 no que prima o gasto social e os investimentos. As contas para este exercicio ascenden a 3.138.243 euros.
O alcalde, Luis Fernández Guitián, pon en valor, ademais do carácter social destes presupostos, “que non se sobe ningún imposto nin taxa”.
En concreto, destínase a Benestar Comunitario e Gasto Social arredor de 1.500.000 euros e a Educación, Cultura e Deporte, 450.000 euros.
O presuposto municipal conta con máis de 800.000 euros de investimento, incluídos fondos propios, o Plan Único e outras axudas da Xunta de Galicia.
Máis de 350.000 euros irán destinados á mellora de camiños, cunha partida especifica destinada á limpeza de cunetas e sinalización. Tamén se contempla a rehabilitación e equipamento de dúas vivendas en Vilamaior e a humanización das Prazas de Lobios e Campo de Anllo.
As contas recollen unha partida para a compra de terreos para un novo Punto Limpo e a continuación das escavacións en Proendos.
Entre as inversións tamén figura a ampliación da Gardería Municipal, a construción dun novo Punto Limpo, a mellora da Capela da Barca, a mellora dos parques infantís de Arxemil e Canabal, a ampliación da rede municipal de abastecemento ou o resembrado e novos bancos nos campos de fútbol de Sober e A Carqueixa.
Mantense ademais as liñas de axudas para todos os niveis educativos; infantil, primaria, secundaria e universidade.
O fomento do emprego conta cunha partida específica de máis de 75.000 euros.
O rexedor destaca a aprobación duns orzamentos “realistas, que van permitir seguir mellorando servizos públicos e avanzar na calidade de vida dos nosos veciños e veciñas”.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A Xunta dixitalizará con fondos Next Generation os bens de interese cultural (BIC) de Quiroga

Seguinte Nova

Convocado o concurso de deseño do cartel anunciador da xliii Feira do Viño de Amandi

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

Ir aInicio

Don't Miss