O día 26 de decembro, O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, acompañado polo presidente da Confederación Hidrográfica Miño-Sil, José Antonio Quiroga, a Tenente de Alcalde, Gloria Prada, e o Concelleiro de Obras, Medio Rural e Servizos, José Luis Losada, inauguraban as obras de acondicionamento e mellora da Lagoa do Parque de Cobas, e que según o propio Alcalde suporían ”un antes e un despois para a zona da Lagoa de Covas na Pinguela, que estaba completamente degradada, e que agora ponse en valor”. Completábase unha ampla zona de recreo de preto de 30.000 m2 e ademais do acondicionamento da lagoa da Pinguela, e a construción dun paseo que conformaba un circuíto ó seu arredor e a instalación dunha nova presa desmontable.
Todo cun investimento da Confederación Hidrográfica de de 612.000 euros. Pero pouco tempo tiveron os monfortinos para disfrutala, pois, só cinco días despois, as fortes choivas desbordaron o río Cabe causante importantes danos
nesta contorna recentemente acondicionada. As declaracións do alcalde do día 26, vólvense hoxe premonitorias: “Esta necesidade xurdiu en 2016 cando unha riada levou por diante a presa que había”. Hoxe case estamos no punto de partida. Toca volver reparar os danos.•
Últimas noticias sobre PORTADA
Centos de viticultores, adegueiros e representantes institucionais concentráronse o pasado venres 6 de setembro diante da
Wedway, operador ferroviario do grupo MSC, comeza a operar, xerando emprego para cinco operarios locais A
Deu comezo un novo curso no Colexio de Educación Infantil e Primaria de Quiroga, que iniciou
O pasado domingo, 8 de setembro, Chantada viviu unha das súas festas máis arraigadas: a Romaría
O intercambio xuvenil, organizado por Alberto Andrade e Alice Korsch, reúne a vinte participantes de España,