O PP denuncia o xeralizado e grave deterioro das estradas provincias

O portavoz popular, Javier Castiñeira diante dunha fochanca. Foto GPPP..

Dende o PP consideran que A rede de estradas da Deputación é fundamental para a vertebración económica e social da provincia, e califican como neglixente a xestión neste ámbito do goberno presidido polo socialista José Tomé dende que tomou posesión, o que, ao seu entender, ten como consecuencia que gran parte destas vías estean en condicións lamentables, debido á falta de mantemento. Consideran que as últimas choivas viñeron a agravar os problemas que reiteradamente levan poñendo de manifesto dende o grupo provincial do PP, que unha e outra vez demandou a elaboración e aplicación dun plan de estradas. O PP lanza unha oferta de consenso para estudar a situación real das estradas e decidir as medidas a adoptar canto antes. Noutro caso, segundo o portavoz popular, Javier Castiñeira, “este inverno vai ser moi complexo para os veciños da provincia de Lugo”. Javier Castiñeira sinala: “Á falta de liderado nunha área tan importante da Deputación únese a falta de incremento nos orzamentos para mantemento; coa suba de prezos, a capacidade de mantemento da rede viaria provincial queda seriamente mermada. Por outro lado, o goberno non quixo deseñar e aplicar o plan de estradas que solicitou o PP durante toda a lexislatura”.

O FIRME DA N-120
O PP urxe ao Goberno de Sánchez dende o Senado a aclarar se ten previsto reparar o firme da N-120 ao seu paso pola provincia; logo dos accidentes rexistrados nos últimos días e de que o PP teña reclamado medidas en numerosas ocasións en consonancia coas queixas dos veciños, usuarios e transportistas ás que “o Goberno fai oídos xordos, segundo explica a senadora quiroguesa Rosa Arza. A popular considera “intolerable” o estado da vía que “presenta carencias que se deben subsanar de forma inmediata porque afectan á seguridade dos usuarios da vía”. É o caso dos baches e socavóns coma o rexistrado nun punto próximo ao límite entre Monforte e A Pobra do Brollón, onde se produciu recentemente un accidente en cadea no que resultaron danados 15 vehículos ou o accidente mortal do pasado decembro ao seu paso por Quiroga.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Queserías Sarrianas beneficiouse de case 2,3 millóns de euros en axudas para a transformación e a comercialización de produtos agrarios

Seguinte Nova

O grupo socialista reclámalle á Xunta que se comprometa a recuperar a actividade agraria do Val de Lemos

Últimas noticias sobre POLÍTICA LOCAL

A %d blogueros les gusta esto: