O Saviñao reforma o miradoiro do Cabo do Mundo para lograr unha maior inmersión na paisaxe

O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, e o alcalde, Carlos Armesto. Fotos GPXG..

A Xunta de Galicia impulsou a reforma do miradoiro do Cabo do Mundo, no municipio do Saviñao, para permitir unha maior inmersión na paisaxe deste punto icónico da Ribeira Sacra. O delegado territorial de Lugo, Javier Arias, e o alcalde, Carlos Armesto, comprobaron o resultado da actuación, que consistiu na construción dunha plataforma de madeira que engade unha altura de 5,10 metros sobre a estrutura orixinal. A obra foi promovida polo Concello do Saviñao e a Consellería do Medio Rural achegou 22.900 euros, preto do 82% do financiamento total, a través da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader) e do Grupo de Desenvolvemento Rural (GDR) Ribeira Sacra Courel. A nova construción, realizada en madeira laminada, favorece unha visión máis ampla e de maior calidade sobre o meandro do Miño, que é un dos elementos máis recoñecidos da zona. Ao seu carón, un panel informativo explica as rutas de sendeirismo, monumentos e outros puntos de interese que se poden visitar no concello.
O delegado territorial sinalou a importancia dos GDR no impulso de proxectos produtivos ou dinamizadores do territorio. Neste sentido, explicou que este miradoiro é un dos espazos que máis turismo atrae ao municipio. En concreto, apuntou que os proxectos da medida Leader, cofinanciados cos fondos europeos Feader, teñen a vantaxe de estar pegados ás necesidades locais, porque son iniciativas que xorden dos concellos, entidades ou mesmo emprendedores e que se seleccionan nese mesmo ámbito local mediante un amplo proceso participativo que involucra a axentes privados e públicos.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Pantón remata as obras de abastecemento de auga e as melloras en varias instalacións municipais

Seguinte Nova

Parque Arqueolóxico da Cultura Castrexa inclue dous proxectos na Pobra do Brollón entre os dez máis destacados de Galicia

Últimas noticias sobre TURISMO

Ir aInicio

Don't Miss