O viveiro forestal dos Trollos en Bóveda convertirase en referente de xestión de frondosas

• A Xunta leva a cabo traballos de mellora nas instalacións, de cara a conservar os recursos xenéticos e dispoñer de planta en cantidade, calidade e sanidade

O director xeral de Planificación e Ordenación Forestal, José Luis Chan e do alcade de Bóveda, José Manuel Arias. Foto GPXG.

O director xeral de Planificación e Ordenación Forestal, José Luis Chan, visitou o viveiro forestal dos Trollos en Bóveda, acompañado do alcade do concello, José Manuel Arias. O obxecto da visita foi inspeccionar os traballos de mellora que se están a desenvolver nas instalacións, iniciados pola Xunta de cara a conservar os recursos xenéticos e dispoñer de planta en cantidade, calidade e sanidade. Estas actividades están enmarcadas nas medidas establecidas no Plan Forestal de Galicia 2021-2040 “Cara á neutralidade carbónica”. Cabe destacar que a Xunta inviste no período 2019-2023 arredor de medio millón de euros nestas tarefas e prevé destinar uns 200.000 euros anuais ata 2027 neste mesmo eido da mellora forestal, chegando a un total de 1 millón de euros ao final do período
Neste senso, os traballos que comezaron no ano 2022 e que continuarán neste 2023, no marco do Plan de recuperación de viveiros -incluído no Plan Forestal de Galicia (PFG)- teñen como fin converter o viveiro dos Trollos nun centro referente para a xestión de masas frondosas no sur da provincia de Lugo. Cabe sinalar que a parcela conta cunha superficie de 30 hectáreas, o que favorece a orientación á conservación dos recursos xenéticos.
Actualmente, existe no viveiro un horto de semente de Pinus pinaster coa categoría de Cualificado, un rodal selecto de carballo americano (Quercus rubra), un rodal de Pseudotsuga menziesii coa categoría de identificado, diversas coleccións de frondosas e representación de multitude de especies. A maiores, Os Trollos conta con edificacións e instalacións nas que se levan a cabo actividades englobadas na educación ambiental.
Seguindo esta liña, destinarase a superficie dispoñible no viveiro a avanzar na conservación e mantemento de especies frondosas autóctonas. Así, aumentaranse as especies representadas incluíndo exemplos de especies ripícolas, especies frondosas de zonas atlánticas e frondosas de zonas mediterráneas. Deste xeito, e como indica o Programa de divulgación e comunicación da cultura forestal -incluído no Plan Forestal de Galicia- os viveiros continuarán sendo lugares axeitados para mostrar o traballo realizado dende a Administración neste eido, mostrando o proceso de produción de planta e as accións relacionadas coa conservación do material forestal reprodutivo.

Eixo I do Plan Forestal
Cómpre lembrar que o Eixo I do Plan Forestal de Galicia 2021-2040 “Cara á neutralidade carbónica” refírese á contribución do monte galego á conservación da natureza e á prestación doutros servizos ambientais. Mediante unha rede de parcelas de alto valor xenético e xestión de materiais de base que permitirá asegurar a calidade do material forestal xenético subministrado, fixando como indicador a creación dun total de 20 parcelas no período 2021-2025.
Entre finais do ano 2021 e principios do 2022 quedaron instaladas nos viveiros xestionados pola Comunidade novas parcelas que se encadran no Plan de conservación e mellora xenética forestal. Estes hortos de semente e coleccións afondan na coordinación entre os viveiros forestais xestionados e o Centro de Sementes da Comunidade Autónoma.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O grupo socialista reclámalle á Xunta que se comprometa a recuperar a actividade agraria do Val de Lemos

Seguinte Nova

A Xunta dixitalizará con fondos Next Generation os bens de interese cultural (BIC) de Quiroga

Últimas noticias sobre O MUNDO DO VIÑO E DO AGRO

Ir aInicio

Don't Miss