O concello de Pantón informa do remate das obras de abastecemento de auga, que iniciara no pasado ano, cumprindo así o compromiso do alcalde, José Luis Álvarez, de tentar que toda a veciñanza teña este servizo.
Por unha banda o equipo de goberno acometeu íntegramente a traida da auga de Guítara con 80.000€ e doutou de auga aos núcleos de Pereiro e Gallegos con 50.000€.
Tamén con 50.000€ de orzamento levouse o colector de auga a Salcedo en Moreda a través do Plan Único.
Ademais doutras obras de abastecemento que se executan a través de Augas de Galicia, rematáronse varias obras de mellora de distintas instalacións municipais, como a remodelación do Pavillón Municipal á que se adicaron 150.000€ para arranxar o teito, acondicionar solos e vestiarios e pintar as instalacións.
Na Casa Consistorial e na Casa da Cultura, o equipo de goberno adicou 50.000€ para mellorar a accesibilidade na primeira coa instalación dun ascensor e mellorouse o canal de auga da Casa da Cultura para evitar filtracións de auga ao interior.
José Luis Álvarez amosa a súa satisfacción polo remate destas obras que “mellorarán a calidade de vida da veciñanza nestes núcleos co servizo de auga e as actuacións que beneficiarás aos usuarios/as destas instalacións municipais, pavillón, casa da cultura e casa consistorial.”
Para este 2023, José Luis Álvarez, destaca nestes primeiros meses o remate do proxecto das residencias que a Fundación San Rosendo executará en Pantón para comezar as obras en breve, despois de que o convenio estea xa asinado.•