Queserías Sarrianas beneficiouse de case 2,3 millóns de euros en axudas para a transformación e a comercialización de produtos agrarios

O director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, José Balseiros, visitou as instalacións da empresa Queserías Sarrianas, beneficiaria das axudas para a transformación e a comercialización de produtos agrarios. Neste senso, nos últimos dez anos, esta empresa recibiu preto de 2,3 millóns de euros destas axudas, sendo a última achega concedida de máis de 475.000 euros na convocatoria de 2022.
Precisamente, o director xeral subliñou que a Consellería do Medio Rural vén de resolver a convocatoria de 2022, adxudicando achegas por un importe de 36,72 millóns de euros, o que supón un incremento do 40% do orzamento anual habitual. De feito, destacou que houbo 81 solicitudes aprobadas, catro das cales acadaron o límite máximo de tres millóns de euros en axudas por beneficiario.
Ademais, o director xeral indicou que case a metade do orzamento foi asignado a empresas da provincia de Lugo, seguida pola Coruña (33%), Pontevedra (10%) e Ourense (10%). Por sectores, os máis beneficiados foron o lácteo, con case a metade do orzamento, seguido polo cárnico (25%), a alimentación animal (9%) e outro sectores (mel, aceite, ovos, castañas, froitas, hortalizas, etc.).
En canto á distribución no territorio, a maior parte das axudas (87%) destínanse a proxectos en zonas de montaña ou con baixa densidade de poboación. Así mesmo, a maioría do orzamento destínase a proxectos promovidos por produtores agrarios ou por empresas participadas por estes (57%).

Axudas plurianuais
Estas achegas teñen carácter plurianual para facilitar a execución de proxectos de gran investimento e cobren actuacións como a construción, adquisición e mellora de bens inmobles, así como a compra de terreos ata un valor inferior ao 10% do total dos gastos subvencionables. Tamén serven para sufragar a compra de maquinaria e equipamentos novos, a adquisición de programas informáticos e de patentes ou licenzas relacionadas cos procesos produtivos.
O fin último destas achegas, indicou o director xeral, é crear novas industrias agroalimentarias ou mellorar as xa existentes. De feito, no vindeiro período 2023-2027 da PAC está previsto o mantemento das axudas ás industrias agroalimentarias, co fin de fortalecer o peso do sector industrial no agro galego.
Deste xeito, a orde busca incentivar os investimentos en activos fixos materiais para a creación, ampliación e modernización das instalacións situadas en Galicia destinadas á transformación e comercialización de produtos agrarios. No caso das subvencións, consisten en axudas para a execución deses proxectos, mentres as garantías para préstamos son garantías do 80% do risco inherente a cada empréstito formalizado destinado a financiar os investimentos.
Cabe lembrar que, como novidade, a convocatoria do 2022 apoiaba as asociacións de produtores que se unisen para levar a cabo investimentos en común. Así, concedíaselles a máxima puntuación no apartado de beneficio a produtores dos criterios de valoración ás cooperativas agrarias galegas ou ás sociedades participadas maioritariamente (máis do 50%) por cooperativas agrarias galegas ou por asociacións e organizacións de produtores da nosa comunidade.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Sarria adxudica 780.000 € en obras de abastecemento de auga que beneficiarán a preto de 1.000 veciños

Seguinte Nova

O PP denuncia o xeralizado e grave deterioro das estradas provincias

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

Ir aInicio

Don't Miss