Sarria adxudica 780.000 € en obras de abastecemento de auga que beneficiarán a preto de 1.000 veciños

Foto Arquivo Concello de Sarria.

A Xunta de Goberno Local de Sarria vén de aprobar nunha sesión extraordinaria e urxente a contratación de obras de ampliación da rede de abastecemento de agua e de mellora da rede viaria cun investimento global de preto de 1,2 millóns de euros.
Por unha banda, a empresa Manuel Novoa Castro será a encargada de acometer a ampliación da rede de abastecemento de agua a catro zonas do municipio por un importe de 780.290 euros, beneficiando a cerca dun milleiro de veciños. Ditas zonas son: Treilán-Betote, Vilaesteba-A Pena, Santa María de Vilar-A Rañoá-Vilapedre e zona do Mazadoiro-Residencia de Anciáns.
Por outra banda, a Xunta de Goberno Local adxudicou en 401.000 euros a mellora de catro pistas coa dotación de aglomerado en quente. Concretamente, a empresa Ovisa acometerá as obras en tres viais: acceso a Barbadelo desde a estrada LU-P-5709 na Serra; acceso a Cedrón desde a estrada LU-P-5713 por Piñeira; e acceso a Vilerma desde a estrada LU-633. A cuarta obra, o acceso a Peruscallo na parroquia de Belante, foi adxudicada á empresa Bascuas.
Finalmente, tamén se contratou a reposición do firme na ponte do Toleiro debido ao mal estado actual.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Xornada de portas abertas na residencia de Ribas de Sil para tomar contacto coas instalacións e co persoal do centro

Seguinte Nova

Queserías Sarrianas beneficiouse de case 2,3 millóns de euros en axudas para a transformación e a comercialización de produtos agrarios

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

A %d blogueros les gusta esto: