O Concello de Sober creará unha escola infantil de 40 prazas

A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, a deputada Raquel Arias e o Alcalde de Sober Luís Fernández Guitián. Foto GPXG.

A Xunta de Galicia concedeu unha axuda de 215.000 euros ao Concello de Sober para a creación dunha escola infantil municipal de 40 prazas.
A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, visitou a pasada semana o centro cuxa atención educativa xa é gratuíta para todos os pais gracias ao financiamento do Goberno galego a todos os centros da Comunidade.
A conselleira concretou que esta actuación suporá ampliar en 20 prazas o actual Punto de Atención á Infancia (PAI) de Sober e incrementar a súa capacidade para convertelo nunha escola infantil. Esta axuda procede da orde para a creación de prazas de titularidade municipal que beneficia a unha vintena de concellos e permitirá crear máis de 450 novas prazas de atención 0-3 anos. Estas prazas serán gratuítas para todos os pais gracias a aplicación da gratuidade das escolas infantís aplicada pola Xunta

BONO COIDADO
Fabiola García sinalou que Galicia se ten convertido nunha referencia a nivel nacional na conciliación das familias gracias a medidas como a gratuidade de todas as escolas infantís; a creación de 95 casas niño para levar a conciliación a concellos onde non existían estes servizos; e tamén mediante o Bono Coidado, que ofrece axudas para a contratación dun apoio extraordinario de conciliación. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Os partidos do Calasancio en Youtube

Seguinte Nova

Comezan as obras do Viveiro Industrial de Empresas de Bóveda

Últimas noticias sobre EDUCACIÓN

A %d blogueros les gusta esto: