A neve caída a pasada semana causou numerosos incidentes nas estradas da comarca

Unha árbore caída corta o paso nunha estrada de Quiroga.
Foto CQ..

Os fenómenos meteorolóxicos adversos están a ser os grandes protagonistas deste comezo de ano 2023, que se iniciou con fortes choivas que provocaron inundacións en diferentes puntos da nosa comarca, especialmente graves en Chantada. A pasada semana as borrascas “Gerard” e “Fien” foron as responsables de que os termómetros baixasen dos 0º e vísense copiosas nevadas en cotas de alturas inferiores aos 300 metros, que causaron numerosos incidentes nas estradas do sur de Lugo, e que obrigaron, especialmente aos equipos da Deputación responsables de manter transitables as estradas secundarias provinciais a levar a cabo un importante dispositivo no que participaron 74 operarios, 24 máquinas quitaneves, 11 vehículos con cuñas e saleros e oito todoterreos de apoio. Tamén foi mobilizada unha máquina para mover árbores de gran tamaño, derrubados polo temporal sobre as estradas. Este traballo permitiu despexar todas as estradas provinciais. Tras un corte parcial o xoves da vía LU-P-4501, do Poio, por Louzarela e Teixeira, á de Samos ao Courel e acceso a Meiraos, o operativo despexou a vía realizando un importante traballo debido á dificultade provocada pola gran cantidade de neve acumulada. Igualmente, en Quiroga reabriuse a LU-P-5004, que a comezos de semana sufriu un desprendemento da ladeira da montaña. Agora, unha vez liberada, farase unha avaliación técnica e económica dos danos por parte da institución provincial.
Pero o mal tempo non chegou ao seu fin aínda, e espérase que o frío e as xeadas mantéñanse nos próximos días, mesmo se rexistren nevadas ao redor dos 800 metros de altitude. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Comezan as obras do Viveiro Industrial de Empresas de Bóveda

Seguinte Nova

Inauguradas as novas instalacións do Centro de Atención e Información da Seguridade Social (CAISS) de Monforte

Últimas noticias sobre PORTADA

A %d blogueros les gusta esto: