A Xunta estrea perfil en TikTok

Xunta é o primeiro goberno autonómico en contar cunha canle nesta rede social.

A Xunta de Galicia acaba de converterse no primeiro Goberno autonómico de España en contar cun perfil institucional en TikTok. A Administración galega estrea hoxe conta na rede social, dispoñible en https://www.tiktok.com/@xuntadegalicia, co obxectivo de crear e divulgar información de interese para a mocidade galega.
Deste xeito, e aproveitando a bagaxe do amplo seguimento nas páxinas oficiais de Twitter e Facebook —cuxas contas suman máis de 320 mil seguidores—, o Executivo autonómico aposta por seguir reforzando a súa comunicación dixital e por aumentar a difusión das iniciativas postas en marcha en Galicia nunha das redes sociais máis empregadas na actualidade pola xuventude.
Entre os principais obxectivos do proxecto está o de renovar o xeito de facer chegar información relevante á mocidade e á poboación en xeral, comunicándoa de maneira dinámica e informal. Ao mesmo tempo, búscase favorecer o alcance e visibilidade de medidas de interese para un sector da poboación que está a empregar habitualmente este medio para permanecer informado.
Os contidos que estarán dispoñibles a partir de hoxe inclúen publicacións de temáticas como a cultural ou a gastronómica, pero tamén a científica, a medioambiental ou a económica, entre moitas outras.
A páxina de TikTok chega para funcionar como un espazo de contidos especializados, especificamente traballados e de interese para o público da plataforma. Así, empregarase unha linguaxe máis próxima, afastada de termos técnicos e co estilo de comunicar propio desta plataforma, como se pode apreciar na primeira publicación do perfil https://www.tiktok.com/@xuntadegalicia/video/7190687580818509061.
Recomendacións culturais, novas convocatorias de axudas para a xente moza, receitas con produtos de proximidade ou vídeos de concienciación sobre violencia de xénero ou o fomento do uso da lingua galega, por exemplo, serán algúns dos contidos que estarán dispoñibles nas vindeiras semanas nesta nova plataforma.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Casa Antonio, en Goián, unha historia de emprendemento e ilusión

Seguinte Nova

EnComún entrevista a ChatGPT, unha tecnoloxía de intelixencia artificial

Últimas noticias sobre NOVAS TECNOLOXÍAS

Ir aInicio

Don't Miss