Aberto o prazo de solicitude dunha nova edición do Bono Autónomo e do programa Xempre Autónomo

• O presidente da Xunta, Alfonso Rueda resalta que este ano vanse destinar preto de 60 millóns de euros en apoio das persoas traballadoras por conta propia

Rueda resalta que a Xunta destina 20 millóns de euros a dúas liñas de axudas para apoiar a 7.000 traballadores autónomos. Foto GPXG.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, resalta que o Goberno galego destina 20 millóns de euros a dúas novas liñas de axudas para apoiar a 7.000 persoas traballadoras autónomas. Nunha visita a beneficiarios das achegas que a Administración autonómica destina a este colectivo, o mandatario galego resaltou que, en total, as partidas habilitadas este ano para as persoas traballadoras por conta propia en Galicia suman preto de 60 millóns de euros.
O titular do Goberno galego, no percorrido que fixo acompañado da conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade, María José Lorenzana, salientou que Galicia é a segunda Comunidade con maior peso no réxime de persoal autónomo sobre o total de afiliacións á Seguridade Social. “Son máis de 200.000 persoas valentes, emprendedores con ilusión e compromiso”, subliñou o presidente. Polo tanto, un colectivo prioritario para a Xunta.
Según Rueda, o Goberno galego respondeu amosándose do seu lado sempre que o precisaron, como foi na pandemia, cando se destinaron ata 600 millóns de euros ás diferentes liñas habilitadas no plan de rescate, ou como neste ano, para axudalos a paliar os efectos da crise enerxética e da inflación nos seus negocios. Por ese motivo, este ano habilitáronse case 60 millóns de euros en achegas ao colectivo, entre as que figuran as dúas liñas que xa se poden solicitar.

IMPACTO AUTÓNOMO
Hai unhas semanas lanzouse Impacto Autónomo, que tivo unha grande acollida e que destinaba 30 millóns a facer fronte á suba de prezos; e as axudas que veñen de saír publicadas no Diario Oficial de Galicia e que van dirixidas, por unha banda, a novas persoas autónomas, para que fagan fronte aos gastos de apertura dos seus negocios; e por outra, ás que queiran emprender melloras nos seus establecementos.

XEMPRE AUTÓNOMO
A primeira, Xempre Autónomo, destina 12 millóns a achegas que van entre os 2.000 e os 4.000 euros para cada solicitante; e a segunda, o Bono Autónomo, conta cun orzamento de 8 millóns e as persoas receptoras poderán recibir ata 3.000 euros. O Goberno galego calcula que, en total, poderán beneficiarse 7.000 persoas do sector con estas novas achegas.
Estas convocatorias súmanse a outras iniciativas pensadas para dinamizar o comercio, como o Bono Activa Comercio, o Bono Cultura ou as axudas habilitadas para a renovación de electrodomésticos. Alfonso Rueda subliñou que a Xunta conta cunha sólida rede de apoio ao sector e que ese compromiso reforzarase aínda máis no futuro, cando entre en vigor a nova Estratexia de emprego autónomo que prepara a Xunta. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O PPdeG urxe ao Goberno Central a mellora urxente da N-120 e a reactivación do proxecto da autovía A-76

Seguinte Nova

Agromuralla califica de “trampa” a rebaixa do ive do leite e o desconto no gasóleo para os gandeiros

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

A %d blogueros les gusta esto: