Casa Antonio, en Goián, unha historia de emprendemento e ilusión

A propietaria de Casa Antonio, María Teresa Pedreira Fuentes,. Fotos GPCP.

O Restaurante Casa Antonio en Goián, no concello de Pantón leva 27 anos funcionando, comezou como unha cantina-tenda de aldea e hoxe ofrece ducias de comidas todos os días e abriu unha pensión.
A súa propietaria, María Teresa Pedreira Fuentes, lembra así os inicios, “Hai uns 27 anos, colleramos a tenda da aldea e nese momento pareceunos pouco porque comezaban a abrir os supermercados e as tendas de aldea ían a menos, cambiamos de local e fixemos este baixiño coa tenda e faleilles ao meu marido de dar churrasco e despois ir mirando que máis podiamos ofrecer.” Foi medio ano despois de abrir a tenda que comezaron a dar comidas e ir aumentando pouco a pouco. Restaurante Casa Antonio pecha os martes, durante a semana atende a unhas 70-80 persoas diarias e nas fins de semana chega a 120, que acoden principalmente a xantar. Precisamente os menús do día comezáronos a dar para ofrecer este servizo con variedade para cada día ás persoas obreiras, “vén xente de todos os lados, pola semana temos moita xente obreira que traballa na zona e busca un lugar no que sentar a comer, xente da Coruña e de Ourense que vén á mantenta comer con nós, xente que vén ao Balneario ou turistas que veñen ver o románico ou a Ribeira Sacra. Estas persoas búscannos, vennos en Tripadvisor, por internet, por Facebook e polos bos comentarios anímanse a vir comer e veñen.”
Despois de case tres décadas María Teresa Pedreira amósase moi satisfeita de como evolucionou o seu proxecto, “Nunca xamais na vida o pensei, hoxe temos problemas para encontrar xente para traballar. Temos taballo, hai demanda, pero non encontras xente para traballar. Sintes pena porque pensas no que loitaches para chegar aquí, co anaquiño que comecei dicía eu algún día verei este comedor cheo? E algún veciño díxome, non che chegará e se non veralo co tempo e así foi. Daquela estabamos meu marido, meus fillos e máis eu sós e agora temos 6 empregados e nós os dous e moitas veces non damos feito. Nunca me imaxinei isto porque ademais aquí tes que vir ex profeso. En Ferreira tes os bancos, o concello, o centro de saúde, desprázaste alí e encontras bares e restaurantes e aquí tes que vir ao que vés, á tenda, tomar un café ou a comer, non hai farmacia, non hai concello”.
Na súa cociña, Restaurante Casa Antonio, ofrece ademais de churrasco pratos típicos galegos, co obxectivo de seguir mantendo a cociña galega de sempre, callos, empanada, cocido, guisos,… e todo con produtos da terra.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Alumnos da Fundación Belarmino Fernández visitan Madrid Fusión 2023

Seguinte Nova

A Xunta estrea perfil en TikTok

Últimas noticias sobre EMPRENDEMENTO

Ir aInicio

Don't Miss