Inauguradas as novas instalacións do Centro de Atención e Información da Seguridade Social (CAISS) de Monforte

• A Seguridade Social dá servizo nas súas dependencias de Monforte a unha poboación de máis de 55.000 persoas das comarcas de Lemos, Chantada e Quiroga

A subdelegada, xunto á tenente de alcalde de Monforte e ao director Provincial do INSS, comproba o resultado da rehabilitación integral do inmoble. Foto GPSGL

A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, inaugurou as novas instalacións do Centro de Atención e Información da Seguridade Social de Monforte “co que o Goberno cumpre o compromiso feito aos veciños e veciñas das comarcas de Lemos, Chantada e Quiroga, ofrecendo un mellor servizo ao público, nunhas instalacións máis confortables e mellor acondicionadas”. Isabel Rodríguez comprobou o resultado da rehabilitación integral deste edificio, que contaron cun investimento de 514.000 euros do Ministerio de Inclusión, Seguridade Social e Migracións, acompañada da tenente de alcalde, Gloria Prada, e do director provincial do Instituto Nacional da Seguridade Social e da Tesourería Xeral da Seguridade Social, Juan José Rodríguez Gude, así como de outros membros do equipo de goberno municipal.

EDIFICIO DIÁFANO E ACCESIBLE
A subdelegada visitou as novas dependencias, polas que pasaron nos últimos dous anos preto de 20.000 persoas, que agora verán mellorada a atención cun “edificio diáfano, accesible e cunha superficie de 350 metros cadrados, con zonas de traballo e de espera do público redistribuídas, ademais de aumentar a luminosidade e a eficiencia enerxética do edificio”, na liña de traballo do Goberno de garantir o acceso á xestión das prestacións, un piar fundamental do Estado de Dereito.

SERVIZO A 55.000 PERSOAS
A Seguridade Social dá servizo nas súas dependencias de Monforte de Lemos a unha poboación de máis de 55.000 persoas das comarcas de Lemos, Chantada e Quiroga, atendidos, na actualidade, por 5 empregados públicos. Trátase do segundo centro en volume de atencións na provincia de Lugo, con 8.512 usuarios no 2021 e un total de 11.406 persoas no ano 2022. “Un reflexo da importancia que teñen estas novas instalacións para o sur da provincia de Lugo”, sinalou Rodríguez. Entre os temas que motivaron un maior número de consultas figuran, por esta orde, as prestacións de xubilación, incapacidade temporal e ingreso mínimo vital.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A neve caída a pasada semana causou numerosos incidentes nas estradas da comarca

Seguinte Nova

A Ribeira Sacra preséntase en Fitur como un exemplo do modelo turístico sostible e de calidade

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

Ir aInicio

Don't Miss