Monforte presenta o seu programa de teatro para o primeiro primeiro semestre de ano

As protagonistas da obra Doce uvas, dúas mulleres e unha oliva

O Concello de Monforte, a través da súa Concellería de Cultura, presentou a programación de teatro da Rede Galega de Teatros e Auditorios para o primeiro semestre do ano 2023. As representacións teatrais desenvolveranse ata o 4 de maio.
A programación iniciouse onte 26 de xaneiro coa obra Smoke on the water, a cargo do grupo Ibuprofeno Teatro. No mes de febreiro, o día 16, a compañía Fulano, Mengano e Citano traerá a escena a produción A louca historia de Galicia, un percorrido en clave de humor a través da nosa historia, que destaca os acontecementos que fixeron de nós o que somos hoxe.
Olivas negras representará Doce uvas, dúas mulleres e unha oliva o día 9 de marzo, un espectáculo sorprendente e honesto en clave cómica cunha historia de auto superación e empoderamento feminino.
Culturactiva, actuará o 20 de abril para pór en escena Conexión pinguín, unha comedia que quere falar da incomunicación entre os seres humanos.
O 4 de maio, a compañía Redrum teatro pechará o ciclo de representación para adultos do primeiro semestre do ano, coa obra Un home con lentes de pasta, comedia negra que versa sobre as relacións humanas.
Non debemos esquecernos do público infantil, que terá o 7 de maio unha representación específica para eles, titulada O lobo e a lúa a cargo da compañía Baobab Teatro, unha historia de amizade, de superación dos propios medos e de amor, pensada para público familiar a partir de 3 anos. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A Ribeira Sacra preséntase en Fitur como un exemplo do modelo turístico sostible e de calidade

Seguinte Nova

Teatro en Monforte primeiro semestre 2023

Últimas noticias sobre CULTURA

 TRADIGALU 2023

Programa de conservación, promoción e difusión da riqueza musical, aproveitando a división comarcal da provincia de

MORGAN

Un dos primeiros grupos confirmados para o Festival 17º 2023 Xa está en marcha a edicicón

ESPECIAL ENTROIDO 2023

Imaxinación e moita festa no Entroido no sur de Lugo SARRIA QUIROGA SOBER BÓVEDA BROLLÓN CHANTADA

A %d blogueros les gusta esto: