Novo TAC para o Hospital de Monforte

O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, xunto coa directora do hospital Inmaculada Ramos. Foto GPXG.

O hospital comarcal de Monforte conta cun novo equipo de tomografía axial computerizada, adquirido pola Xunta, por algo máis de 408.000 euros. Con esta adquisición renóvase a tecnoloxía que prestaba servizo desde hai máis de dez anos no centro hospitalario.
O conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, xunto coa directora do hospital Inmaculada Ramos e membros do equipo directivo da área sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos visitou a pasada semana o equipo e ao persoal do servizo de radiodiagnóstico do hospital que xa comezou a traballar con el nestes días.
Este investimento englóbase dentro dos contratos de adquisición de nova tecnoloxía sanitaria adxudicados ao longo de 2022 polo Goberno galego por valor de máis de 67 millóns de euros, destinados a canalizar os fondos europeos Next Generation, de cara á renovación do equipamento hospitalario.
Según declaracións do conselleiro, o goberno galego tivo presentes as necesidades dos hospitais comarcais á hora de decidir o emprego destes fondos europeos e incluíu aos sete hospitais comarcais galegos no contrato de renovación dos equipos de tomografía axial computerizada. Así, ao longo desde ano 2023, a Xunta completará a instalación de novos equipos TAC en todos os hospitais comarcais galegos.
Ademais de nos contratos de alta tecnoloxía, sinalou, a Xunta aposta polo equipamento dos hospitais comarcais no resto de compras centralizadas de equipamento sanitario.
Así, nos últimos anos o hospital de Monforte participou da incorporación ao Sergas de equipos radiocirúrxicos, cun novo instalado en 2021 cun importe de preto de 100.000 euros; de ecógrafos para os servizos de urxencias, cun novo adquirido en 2022 por preto de 30.000 euros ou de lámpadas cirúrxicas, das que o hospital monfortino recibiu sete que foron instaladas nestes meses tras un investimento de máis de 100.000 euros.
Recentemente, o hospital comarcal de Monforte foi incluído tamén pola Xunta noutras licitacións centralizadas. Na de sistemas de anestesia incorporáronse cinco para renovar o bloque cirúrxico do hospital de Monforte, por un valor superior a 270.000 euros. E na de ecógrafos de xinecoloxía publicada este mesmo mes incluíuse un novo equipo para o hospital de Monforte cun importe superior aos 50.000 euros.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

EnComún entrevista a ChatGPT, unha tecnoloxía de intelixencia artificial

Seguinte Nova

Esgrafiado gallego: un museo al aire libre

Últimas noticias sobre SAÚDE

Ir aInicio

Don't Miss