O aceite de oliva virxe extra (AOVE) de Quiroga forma parte dos produtos que presenta a Asociación Provincial de Empresarios de Hostalería e Turismo de Lugo (Apehl) na Feira de Turismo de Madrid, FITUR. Pero ademais moitos destes produtos, incluído o aceite quirogués, poideron degustarse nunha cea-cóctel que se ofreceu na Casa de Galicia de Madrid.
Na cea estaba presente o Alcalde de Quiroga, Julio Alvarez. E eran moitas as caras coñecidas que asistian a este evento: Manuel Villanueva, director xeral de Contidos de Mediaset España; o presentador de televisión Carlos Sobera; o que foi o seu momento pregoeiro da Feira do viño de Quiroga, José Manuel Parada, Pedro Revaldería, da produtora Mandarina; o senador José Manuel Barreiro ou o xuíz Vázquez Tain.
Xeoparque Montañas do Courel
O Alcalde de Quiroga Julio álvarez tamén acudiu a presentación de todos Xeoparques Españoles, entre os que se atopa o da comarca quiroguesa. Na presentación tamén se atopaban outras personalidades como o Presidente de Canarias, o Delegado Provincial da Xunta, Javier Arias, o Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca ou o Presidente da Asociación Provincial de Empresarios da Hostalaría de Lugo, Cheché Real. •