O Alcalde de Monforte anuncia a reforma integral do Polideportivo Municipal de A Pinguela

• A modernización destas instalacións deportivas municipais da Pinguela era unha demanda a berros do mundo do deporte monfortino

Foto Montero

Fíxose de rogar unha noticia que responde a un clamor en todo Monforte desde hai moitos anos, que pedía a berros a renovación do Polideportivo Municipal da Pinguela, unha instalación que xa hai moitos anos que se quedou obsoleta, e que non respondía as necesidades das distintas actividades deportivas desenvolvidas polos clubs locais na actualidade. Parece que finalmente, e segundo as declaracións ofrecidas por José Tomé Roca, alcalde de Monforte, acometerase unha importante intervención, que practicamente supoñerá unha renovación completa do Polideportivo Municipal, que ademais terá un prazo de execución previsto, moi rápido, de modo que se todo marcha segundo o previsto, o próximo mes de setembro, para a nova tempada de competicións deportivas, Monforte, contará ao fin cunha instalación digna e acorde á entidade da cidade.
O Alcalde, José Tomé Roca, foi o encargado de presentar en rolda de prensa o proxecto de reforma detallando os cambios que se van a executar en cada unha das plantas:

  • “Na planta baixa vanse reordenar os espazos, para crear un novo ximnasio, unha zoa de almacén e ampliar a actual zoa de despachos.”.
  • “Na planta superior, vaise aumentar o número de gradas para conseguir un aforo acorde ó alto nivel das competicións disputadas, de tal modo que a grada que hai na actualidade amplíase con catro filas máis de gradas”.
    -“Ó mesmo tempo, vanse crear tres gradas máis, tanto no lado oeste, como nas dúas cabeceiras, voando cara ó exterior para mellorar a visibilidade dentro do pavillón e que lle vai conferir unha nova imaxe actual e atractiva.
    -“ O aumento tanto en número de gradas, como a ampliación da que existe actualmente, permite aumentar o aforo das instalacións en máis do dobre con respecto á actualidade, neste momento temos un aforo de 465 persoas e unha vez remata a obra estaremos a falar dun total de 1.198 localidades. Esto permitirá celebrar competicións ó mais alto nivel”.
    -“A seguinte modificación afecta á sede de oficinas e locais que se amplía en 85 m2 máis e dótase dun novo espazo para ximnasio que actualmente non hai para que os clubs completen a súa preparación e que terá unha superficie de 131m2”.
    -“Renovaranse totalmente os vestiarios, contando con 6 espazos , incluíndo un específico para persoas con mobilidade reducida. Tamén se fará de novo o teito e illado para humidades e temperatura. Hai que subliñar que unha das partidas mais importantes de toda a reforma correspóndese co epígrafe de climatización. Con este esforzo de inversión preténdese que sexa máis confortable, máis eficiente e respectuoso co Medio Ambiente. O alumeado será de luces LED de baixo consumo.”
    En canto ó resultado exterior trala reforma, José Tomé explicou que a fachada actual e os novos volumes, vanse revestir a base de SATE con un zócalo pétreo hasta a altura das ventás e tamén explicou o resultado final do acceso ó pavillón que se marcará mediante un pórche para relacionalo coa piscina anexa. Por outra banda, as zoas redondeadas que completan a fachada, aportaranlle modernidade e actualidade á imaxe do edificio.
    O orzamento destinado para a reforma do pavillón de A Pinguela ascende a 3.543.220,97€. Tomé tamén explicou que “a financiación será compartida pola Consellería Superior de Deportes e polo Concello a un 50%”. Preténdese licitar de forma inmediata para poder comezar as obras no mes de abril e rematar en setembro”.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

XXXI Festa do Caldo de Ósos de Taboada

Seguinte Nova

A curta Amor Viaxeiro, realizada polo alumnado do Centro de Formación Audiovisual da Deputación estreada en Fitur 2023

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

A %d blogueros les gusta esto: