O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde visitou o polígono do Morelle en Sarria

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, e o delegado territorial da Xunta de Galicia en Lugo, Javier Arias, na súa visita a Sarria. Foto GPXG.

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde, acompañado polo delegado territorial da Xunta de Galicia en Lugo, Javier Arias, visitou o polígono do Morelle en Sarria, onde mantivo un encontro con empresarios da zona e visitou as diferentes melloras realizadas en obras viarias neste parque empresarial, nas que o Concello de Sarria mobilizou preto de 150.000 euros co apoio da Administración autonómica.
Durante a visita, o responsable de Economía, Industria e Innovación puxo en valor a colaboración institucional para captar novos investimentos cara ao tecido industrial galego. Neste eido, a Xunta destina este ano 5,6 millóns de euros en axudas para a mellora e modernización dos parques empresariais, e dentro destes apoios, ata o 2 de febreiro está aberto o prazo de presentación de solicitudes da convocatoria para a mellora de infraestruturas dos parques empresariais galegos, á que a Administración autonómica destina un total de 2,1M€. Esta liña ten como obxectivo dar resposta ás novas necesidades que teñen estas instalacións co obxectivo de modernizalas e ofrecer un mellor servizo para favorecer a fixación e implantación de compañías, así como promover o emprego local.
Os apoios son de concorrencia competitiva e están dirixidos aos concellos galegos que queiran realizar melloras relativas á implantación de iluminación pública eficiente, plantas de depuración de auga, xestión de residuos, infraestruturas viarias, instalación de sistemas de seguridade, contraincendios e contra o roubo de cable, así como servizos centralizados de subministración de gas e hidróxeno verde.
As axudas teñen unha intensidade do 80% ata un límite máximo de 120.000 euros no caso de solicitudes individuais e de 138.000 no caso de que sexan conxuntas. Prevense, ademais, anticipos de ata o 25% da axuda concedida.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O viño como elemento dinamizador do territorio e creador de riqueza

Seguinte Nova

A plataforma de venda en liña Son de Lugo contará un programa de asesoramento e formación de novos produtores

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

Ir aInicio

Don't Miss