O viño como elemento dinamizador do territorio e creador de riqueza

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, José Luis Cabarcos, visitoru dúas adegas nas denominacións de orixe Ribeira Sacra e Rías Baixas acompañado do alcalde de Sober, Luis Fernández, co obxectivo de poñer en valor as posibilidades do sector vitivinícola como elemento dinamizador do territorio e creador de riqueza. Unhas posibilidades que se busca potenciar -lembrou- ao abeiro da Estratexia de dinamización económica, territorial e turística das comarcas vitivinícolas de Galicia, que se artella en 46 medidas e 299 accións estruturadas en sete eixes estratéxicos.
Primeiramente, o director visitou esta mañá as Bodegas Petrón, situadas no corazón da Ribeira Sacra e que contan con diferentes viñedos nas ribeiras do río Sil. Destacou que esta adega obtivo o Acio de Ouro ao mellor tinto de Galicia nas tres últimas edicións das Catas dos viños, augardentes e licores tradicionais, polo seu viño Prómine Singular. Así, recordou que este evento, organizado pola Consellería do Medio Rural e polos consellos reguladores, ten como obxectivo promocionar, identificar e premiar os mellores produtos elaborados fundamentalmente con uvas de variedades autóctonas, dotados dun carácter único e dunha personalidade recoñecible dentro e fóra da nosa comunidade.
Pola tarde, o director visitará tamén o Pazo de Rubianes, situado en Vilagarcía de Arousa, que conta cunha pequena adega e que destaca como proxecto enoturístico na denominación de orixe Rías Baixas. Neste sentido, cabe salientar que organizan diferentes visitas e eventos nos que o viño é o eixe central, como fórmula para poñelo en valor como elemento diferenciador e definidor do territorio.
Precisamente, a do enoturismo é unha das follas de ruta marcadas ao abeiro da Estratexia de dinamización económica, territorial e turística das comarcas vitivinícolas de Galicia -elaborada en colaboración coa Fundación Juana de Vega-, que busca consolidar o sector nos mercados nacional e internacional e potenciar tanto a imaxe de marca e identidade como o turismo vinculado aos territorios onde se producen.
Para conseguilo, a Estratexia contempla accións de cara a incidir tamén na produción, na industrialización, nos mercados, na promoción ou no patrimonio natural, cultural e paisaxístico.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

A curta Amor Viaxeiro, realizada polo alumnado do Centro de Formación Audiovisual da Deputación estreada en Fitur 2023

Seguinte Nova

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Economía, Industria e Innovación, Francisco Conde visitou o polígono do Morelle en Sarria

Últimas noticias sobre O MUNDO DO VIÑO E DO AGRO

Ir aInicio

Don't Miss