Obradoiros para recuperar a tradición do brindo en Brollón

As regueifeiras Alba María e Sara Marchena. Foto GPCAP…

O brindo é un xénero de improvisación oral cantada, propio de terras da Pobra do Brollón así como doutras zonas da montaña lucense e mesmo do Bierzo. O Concello da Pobra do Brollón inicia este venres 27 unha serie de obradoiros para aprender a arte do brindo. Serán a cargo de Sara Marchena e Alba María. Alba María naceu en 1995 nas Palmas de Gran Canaria onde pasou os primeiros anos da súa infancia. A música canaria influíulle moito na súa carreira musical mais sería a súa avoa de Tuiriz (Lugo) a que a animou ao canto. Estudou música no CMUS de Vigo e participou en diversos certames de poesía e improvisación, sendo unha destacada poeta e regueifeira. Pola súa banda Sara Marchena naceu e estudou en Vigo, graduouse en lingua e literatura galegas. Sara iniciouse na regueifa a partir duns obradoiros que impartían no seu instituto. Isto motivouna a comezar a impartir obradoiros pola súa conta.
Cada mes, haberá un obradoiro nun bar diferente do municipio. Están orientados a todos os públicos e todas as idades, con ou sen experiencia na improvisación.
O ciclo comeza hoxe venres ás 20:15 no Bar Pirata, coa participación a maiores de dúas convidadas, Nuria Penas e Lorena Medela, pertencentes á nova xeración de regueifeiras.
O mesmo venres á tarde, Sara e Alba impartirán un obradoiro no colexio da Pobra do Brollón, aínda que os nenos e nenas poderán tamén asistir ao obradoiro aberto despois no bar.
“Estes obradoiros forman parte dun conxunto de actividades que desenvolveremos ao longo do ano arredor do brindo e da improvisación oral,” comenta o técnico de cultura, Xosé Gago. “Queremos facer comunidade recuperando e traendo á contemporaneidade este patrimonio inmaterial guímaro.”
O brindo tradicionalmente asóciase ás vodas, e as súas estrofas improvisadas usábanse
polo xeral para o eloxio ou a homenaxe. Nos obradoiros de brindo búscase respectar a esencia e estrutura, aínda que ampliando e variando o seu ámbito de aplicación e uso.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Agromuralla califica de “trampa” a rebaixa do ive do leite e o desconto no gasóleo para os gandeiros

Seguinte Nova

O Aceite de oliva virxe extra (AOVE) de Quiroga presente en Fitur

Últimas noticias sobre CULTURA

Ir aInicio

Don't Miss