Un proxecto de silvopastoreo para consolidar a revitalización de Vieiros

Mónica Freire, visitando o Proxecto Vieiros. Foto GPVDL.

Medio Rural da Deputación de Lugo apoia a consolidación da revitalización da aldea de Vieiros, en Quiroga, que está a desenvolver a Asociación Proxecto Vieiros. A través dun convenio de colaboración, a área dirixida por Mónica Freire, achegará financiamento para as accións previstas pola entidade que reúne a veciños e propietarios dos terreos da aldea do Courel, converténdose así na única administración que está a dar respaldo a esta iniciativa.
O apoio céntrase no impulso da iniciativa “Vieiros con vida” co que queren desenvolver un modelo sustentable de pastoreo que, ademais de xerar un recurso económico para o asentamento da poboación, contribúa á limpeza dos montes e á prevención de incendios. A achega de Medio Rural destinarase á adquisición de animais e elementos básicos para iniciar o proxecto de incorporación á actividade agrogandeira.
“Asesorándonos por persoal técnico, pretendemos incorporar ovellas e cabras que se encargarán, baixo a atenta mirada de dous mastíns e un burro, de coidar e limpar o monte. Os animais son a mellor ferramenta para evitar incendios como os que desaloxaron entre fume e cinzas aos habitan-tes de O Courel”, explica Roi Estévez, responsable do proxecto e veciño de Vieiros, que apostou pola volta ao rural para habitar esta aldea que quedara despoboada.
A deputada Mónica Freire explicou que “claramente proxectos como o de Vieiros son un exemplo de iniciativas viable, tanto dende un punto de vista social, como ambiental e económico que poden contribuír a reverter a situación demográfica do rural e especificamente das zonas de montaña como o Courel».
O convenio de colaboración de Medio Rural da Deputación ten unha dotación orzamentaria de 8.500 euros.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O Aceite de oliva virxe extra (AOVE) de Quiroga presente en Fitur

Seguinte Nova

Alumnos da Fundación Belarmino Fernández visitan Madrid Fusión 2023

Últimas noticias sobre O MUNDO DO VIÑO E DO AGRO

Ir aInicio

Don't Miss