O BNG urxe resolver as deficiencias de transporte público en O Courel

A deputada por Lugo, Carme Aira denunciou o illamento do Courel agravado polas actuais condicións das estradas e un “deficiente” transporte público que obriga ás persoas que non conducen a depender dos seus familiares ou de transporte privado nos seus traslados.
A parlamentaria do BNG insistiu nas difíciles condicións de vida en O Courel cunha poboación de elevada idade, agraria, con recursos limitados, persoas soas e na súa maioría mulleres. Á falta de servizos de mobilidade sumou “a falta de servizos básicos xerais para a poboación do concello tal como se pode demostrar co censo poboacional e a perda continúa de poboación”. O Caurel está illado por aspectos estruturais e falta de servizos de transporte, polo tanto, “dúas veces illado”. É incompatible vivir no Courel e traballar fóra , sinalou Aira, é un dos motivos, “non menor”, polo que o Caurel perde poboación e non se fixe poboación xoven. Toda esta zona ten dificultades para trasladarse en transporte público, con rutas e horarios suficientes e a prezos asumibles.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A Deputación de Lugo conta xa con 9 centros públicos de atención a maiores na provincia

Seguinte Nova

Centos de cidadáns maniféstanse na Praza de España pola Sanidade Pública do Sur de Lugo

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

A %d blogueros les gusta esto: