Centos de cidadáns maniféstanse na Praza de España pola Sanidade Pública do Sur de Lugo

• Convocados pola Plataforma en Defensa da Sanidade Pública (PLADESAPU) o pasado día 6 de febreiro, concentráronse baixo o lema «a sanidade non se vende, a sanidade deféndese»

Varios centos de persoas acudiron para apoiar a iniciativa da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública. Foto PILI CHAOS.

Unha vez máis Monforte respondeu á chamada da Plataforma en Defensa da Sanidade Pública (PLADESAPU) para manifestarse contra o desmantelamento que na súa opinión se está a producir na sanidade do noso distrito, que entenden que empeorou de xeito exponencial tras a perda da área sanitaria e centralizar todo en Lugo. Dende a Plataforma están a traballar de arreo para concienciar a cidadanía da importancia de defender o sistema público de saúde. Por iso, fixeron unha chamada á participación, pois, según os convocantes, temos moito en xogo, «o dereito a saúde é algo que non nos poden arrebatar, e defender o noso sistema público é algo que nos incumbe a todos». A poboación respondeu, como vén sendo habitual Monforte perdeu a súa industria, perdeu poboación e desángrase económicamente, e non vemos movilizacións. Pero na defensa da sanidade, asoma en Monforte ese carácter reivindicativo e loitador que históricamente tivo, aínda que agora parece esquecido. E foron varios centos as persoas que encheron a Praza de España de Monforte para apoiar a movilización, que levantaron a súa voz para deixar moi claro que non se van manter parados mentres sigan vendo como día a día a situación da asistencia sanitaria segue a degradarse.
Esta manifestación supón o comezo dunha serie de movilizacións que se seguirán levando a cabon nos vindeiros meses. A primeira será a manifestación do próximo domingo día 12 en Santiago de Compostela, convocada ás 12h pola Plataforma SOS Sanidade Pública. De feito, dende a Plataforma poñerán autobuses todo aquel que queira acudir, de xeito gratuito, que partirán do aparcadoiro da Compañía ás 9.30h e pararán en Escairón e Chantada para recoller a todo aquel que se queira unir para volver en canto remate a Manifestación. Os interesados en acudir deben confirmar asistencia para facer uso dos autobuses mediante redes sociais (en Instagram: @pladesapu__monforte; e Facebook: Pladesapu Monforte), ao correo electrónico pladesapumonforte@gmail.com ou na Aula 1 da UNED o mércores pola tarde.
Tamén recollerán sinaturas para presentar a ILP que pide a implantación dunha serie de medidas para revitalizar e fortalecer os mecanismos sanitarios da Atención Primaria como parte esencial e distintiva do Sistema Sanitario Público Galego.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O BNG urxe resolver as deficiencias de transporte público en O Courel

Seguinte Nova

EXPOSICIÓN DE JESÚS DÍAZ FERRER

Últimas noticias sobre PORTADA

Ir aInicio

Don't Miss