Un ano máis Quiroga convertiuse na capital nacional do Trail, e máis de 1200 corredores gozaron dunha emocionante fin de semana, na que o frío tivo gran protagonismo. Na xornada do sábado na modalidade ultra Rubén Diéguez facíase coa vitoria. En mulleres facíase coa vitoria a corredora madrileña Carla Junquera, cun tempo de 10h11’. En canto á modalidade de maratón fixéronse cos primeiros postos o ex internacional Santiago Mezquita e a corredora lusa Lucinda Sousa, con tempos de 5h 3’ e 6h 4’, respectivamente. Na xornada do domingo, nos circuítos do Lor, en categoría masculina do minitrail o triunfo foi para Nicolás Besoy e en mulleres as gañadora foi Beatriz Álvarez
Na distancia trail os gañadores foron David Rodríguez e Lucinda Sousa.
Un gran traballo organizativo o feito polo equipo capitaneado por Blas Rodríguez y José Manuel Rodríguez, que amosaron o seu agradecemento aos 140 voluntarios, polo bo traballo realizado. Dende as acotacións dos recorridos, a seguridade, os avituallamientos, o traballo de documentación e fotografía, todo funcionou como un reloxo, para deste xeito reivindicar o súa posición como o evento máis importante do trail galego na actualidade. Parabens á organización, aos Concellos de Quiroga e Ribas de Sil, polo seu apoio, e xa só queda agardar, pois a X edición está xa de camiño. •