María Cedrón, subcampiona de España sub23 nos 3.000 metros, unha nova figura emerxente no atletismo monfortino

Fulgurante está a ser o arranque de ano para a atleta monfortina María Cedrón, que adestra co equipo Adas do Barco. Se a finais de xaneiro, a nova atleta de só 22 anos, proclamouse campioa galega absoluta e sub23 na categoría reina do medio fondo, os 1.500 metros en pista cuberta, cunha marca de 4:26:53, que ademais lle permitirá competir no próximo campionato de España a celebrar os días do 17 ao 19 de febreiro de 2023 no Centro Deportivo Municipal Gallur de Madrid, o pasado día 29 María Cedrón, defendendo as cores de Galicia no Nacional Sub23 de Campo a Través disputado en Ortuella (País Vasco), alzouse co sétimo lugar, contribuíndo a que o equipo de Galicia proclamásese campión de España, logo dunha igualada carreira na que levaron o triunfo por un só punto de vantaxe. E aínda por riba, a pasada fin de semana, no campionato de España sub23 celebrado en Antequera, María Cedrón levou a medalla de prata na categoría de 3000 metros, cunha marca de 9:46.91. Tres competicións fantásticas no que vai de ano e a oportunidade de competir no campionato de España absoluto. Inmellorable comezo de tempada. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Comeza a tempada para o Quixós

Seguinte Nova

O ciclismo internacional volve ás estradas da provincia de Lugo da man da Vicepresidencia da Deputación de Lugo

Últimas noticias sobre DEPORTES

Ir aInicio

Don't Miss