Novo edificio para a Escola de Música municipal da Pobra do Brollón

A nova Escola sitúase nun edificio en desuso do colexio, agora rehabilitado con fondos propios e do Plan Leader. Foto GPCAPB.

O Concello de Brollón é, sen dúbida, un dos máis dinámicos e activos da comarca, e non só en canto a propostas que saen do seu consistorio, senón tamén no que á participación dos seus veciños refírese. É por iso que noticias como as que nos chega de que a Escola de Música municipal ‘Samoeiro’ xa conta con nova sede, con tres aulas moi grandes e luminosas para desenvolver a súa actividade, e mais un almacén, sexan especialmente benvidas.
A Escola leva quince anos ofertando unha ampla variedade de clases de música e baile a nenos e adultos, veciños na súa maioría na Pobra do Brollón, pero tamén procedentes doutros concellos da bisbarra.
“É un orgullo contar na Pobra do Brollón cunha Escola de Música como a nosa,” comenta o alcalde Xosé Lois Maceda. “Ten unha oferta educativa de gran calidade e variedade, sendo ademais un eixe vertebrador da comunidade guímara. Por isto merece un edificio propio onde poder desenvolver e seguir medrando a súa actividade,” engade. Antes de contar co edificio, as clases estábanse a desenvolver na Casa da Cultura. Grazas á nova sede, agora os alumnos contan con espazos especificamente deseñados para as aulas, e as salas da Casa da Cultura quedan máis liberadas para outras actividades. As aulas da nova Escola tamén poderán acoller outras clases que se ofertan dende o Concello, como as de ioga.
A nova Escola sitúase nun edificio en desuso do colexio, agora rehabilitado con fondos propios e do Plan Leader para acoller non soamente a Escola de Música, senón tamén o novo albergue municipal, que unha vez rematado estará aberto na segunda planta. “Optimizamos deste xeito patrimonio municipal en desuso. Grazas á rehabilitación, estamos a crear nova infraestrutura para albergar actividades comunitarias e dinamizar a economía local,” comenta Maceda. Dende a semana pasada as clases xa se están a desenvolver na nova Escola, aínda que nas vindeiras semanas seguirase a dotar a Escola de máis equipamento. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Bóveda pon en marcha o seu Programa de Envellecemento Activo

Seguinte Nova

O Concello de Monforte sancionará por depositar o lixo fora do horario establecido

Últimas noticias sobre CULTURA

PROGRAMA LUGOTERMAL 2024_2025

A Deputación abrirá o prazo de inscrición ás 09:00 horas do luns 02.12.2024 da nova edición do LugoTermal, con máis de 1.700 prazas. 
Ir aInicio

Don't Miss