O Concello de Monforte sancionará por depositar o lixo fora do horario establecido

Ante as queixas continuadas plantexadas por algúns veciños, contra persoas que depositan o lixo en horarios inadecuados e as molestias que tales comportamentos ocasionan, como producir olores desagradables, O Concello de Monforte comezou a aplicar sancións polo incumprimento dos horarios para o depósito dos desperdicios. Neste senso, dende a Concellería de Medio Ambiente queren lembrar á veciñanza a obriga que teñen todos os monfortinos de cumprir coa Ordenanza Xeral de protección medioambiental.
O artigo 63 da mesma, adicado a Recipientes normalizados, explicita os horarios para depositar o lixo así como as normas para facelo. Tal e como se pode extraer do contido do mesmo, as normas de cumprimento obrigado para todos os veciños de Monforte con respecto ó deposito do lixo son as seguintes:

  1. Os veciños deberán depositar os residuos nos recipientes normalizados que, o persoal do vehículo contedor, baleirará no camión.
  2. O lixo e desperdicios depositaranse en bolsas pechadas e non poderán ser deixadas nos contedores ou na vía pública, antes das 19:00 horas.
  3. Prohíbese depositar o lixo nas datas que o Concello indique como inhábiles do Servizo, o que se comunicará coa antelación precisa.
    Dende a Concellería tamén se quere lembrar que de haber denuncias dos servizos técnicos e dos axentes da Policía Municipal, en relación co incumprimento das normas enumeradas, O Concello incoará de oficio os correspondentes expedientes sancionadores.

MULTAS ENTRE VINTE E CEN EUROS
Depositar o lixo e os desperdicios sen bolsa nos condenadores ou na vía pública, así como depositalos fora do horario autorizado, constitúe unha infracción leve que pode ser castigada cun apercibimento e multa de entre 20 e 100 euros.
O Concello quere insistir ós cidadáns sobre a obriga de respectar as normas explicadas, nun intento de mellorar a convivencia entre veciños, evitar olores desagradables nas rúas e manter a cidade limpa e libre de lixo para o desfrute de todos.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Novo edificio para a Escola de Música municipal da Pobra do Brollón

Seguinte Nova

O Grupo Hotusa celebra o X aniversario da súa sede de Chantada

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

Ir aInicio

Don't Miss