O programa Xantar na Casa da Xunta de Galicia continúa ampliando o seu ámbito de actuación coa incorporación do concello do Saviñao, chegando xa a preto de 200 municipios de toda a Comunidade Autónoma. A conselleira de Política Social e Xuventude, Fabiola García, e o alcalde do Saviñao Juan Carlos Armesto, asinaron a pasada semana o convenio de adhesión a este servizo que permite levar menús saudables e equilibrados para todos os días da semana aos fogares dos veciños desta localidade que o precisan.
Unha vintena de veciños do Saviñao poderán beneficiarse do Xantar na casa. Este número de prazas poderá ampliarse no caso de que así sexa necesario, sendo os servizos sociais do Concello os que se ocupan de seleccionar ás persoas beneficiarias. A finalidade deste programa é garantir que calquera maior que viva só, sexa unha persoa dependente ou atrevese unha situación complicada e corra risco de exclusión reciban nas súas vivendas unha comida san e adaptada as súas necesidades. A comida repártase nos domicilios nunha única entrega para todos os días da semana —incluídos sábados, domingos e festivos—, polo que o destinatario soamente ten que quentala antes de consumila. Ademais do Saviñao, outros catro municipios da comarca de Terra de Lemos están adheridos ao Xantar na casa: Monforte de Lemos, Pantón, A Pobra do Brollón e Sober. En total, son preto de 70 as prazas que a Xunta pon a disposición destes concellos ao abeiro desta iniciativa. •
Últimas noticias sobre INICIATIVAS
Esta semana tivo lugar unha xornada de convivencia que reuniu ás familias acolledoras do programa Vacacións
A sétima edición do Campo de Voluntariado do Castro de San Lourenzo comezou no marco do
Os nenos de Chantada participan nun obradoiro de nutrición dentro dos campamentos de verán, aprendendo sobre
Isabel Rodríguez, subdelegada do Goberno en Lugo, entregou ao alcalde de Chantada a MAVI: Maleta Viaxeira
A normativa busca transformar a riqueza natural en beneficios sociais e económicos para a cidadanía galega