O Grupo Hotusa celebra o X aniversario da súa sede de Chantada

O Presidente da Xunta, Alfonso Rueda puxo a figura do presidente do Grupo Hotusa, Amancio López, como exemplo de emprendedor que inviste na súa terra e no rural. Foto GPXG

Cumpríronse xa dez anos desde que un chantadino afincado en Barcelona, cidade na que levantou o imperio hostaleiro que é hoxe o Grupo Hotusa, tomou unha das decisións estratéxicas máis audaces e arriscadas que se viron, ao decidir establecer na súa terra natal, Chantada, a sede de varios departamentos da compañía, sede na que agora traballan máis de 200 profesionais, a maioría mozos menores de 30 anos cunha elevada cualificación.
E para conmemorar este aniversario o Grupo Hotusa celebrou no auditorio de Chantada un acto institucional que reuniu a 200 persoas entre os que se achaban os empregados da oficina, personalidades do panorama institucional e representantes do empresariado local. O acto contou coa participación do presidente do Consello Económico e Social de España, Antón Costas; o alcalde de Chantada, Manuel Lorenzo Varela; a vicepresidenta segunda do Congreso dos Deputados, Ana Pastor; o presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda Valenzuela; o conselleiro executivo da Corporación Hijos de Rivera, José María Rivera Trallero; e o presidente de Grupo Hotusa, Amancio López Seijas.
O presidente de Grupo Hotusa foi o encargado de iniciar a quenda de parlamentos onde, tras agradecer a asistencia aos invitados e, en especial aos empregados da compañía, destacou que desde que naceu o proxecto, a idea da que se partía era crear algo que tivese continuación no tempo. López continuou matizando “desde o primeiro momento quixemos xerar na persoal orgullo de pertenza e compromiso, non só coa compañía se non tamén coa terra, Chantada.
Buscabamos comprometernos coa transformación da comarca e xerar novas oportunidades. E conseguímolo, hoxe contamos nesta sede con directivos e equipos imprescindibles para a compañía, un persoal cun enorme futuro que nos garante a continuación no tempo do proxecto, facéndoo sostible”.
Tras esta intervención, realizouse unha mesa redonda composta polo conselleiro executivo de Corporación Hijos de Rivera, José María Rivera; o presidente do Consello Económico e Social de España, Antón Costas; e o presidente de Grupo Hotusa, Amancio López Seijas, na que compartiron as súas visións sobre como a través da actividade empresarial, pódese atopar un novo futuro para a Galicia rural.
Despois interviu o alcalde de Chantada, Manuel Lorenzo Varela, quen manifestou con orgullo como unha gran empresa como Grupo Hotusa fixo que a zona creza e tamén destacou o papel que desempeñou o Concello no últimos seis anos e a participación que tivo en eventos importantes.
En materia urbanística, explicou como o establecer a sede principal da empresa fixo que a cidade creza e construíronse máis vivendas. Para finalizar a súa intervención, o alcalde agradeceu aos traballadores de Hotusa e a empresarios desexándolles “moitos éxitos”.
Pola súa banda, a vicepresidenta segunda do Congreso dos Deputados, Ana Pastor, tamén quixo felicitar persoalmente ao presidente da compañía polo afecto, ilusión e empuxe total que dedicou a esta sede desde os seus inicios e o seu gran labor neste sentido: “Neste X aniversario, eu poñería en valor a gran capacidade de xestión, o carácter aberto e dialogante e a actitude propositiva que ten que ter un bo empresario e que, a pesar das dificultades como as que viviu o sector estes últimos anos, o proxecto seguiu adiante porque creu que as persoas e a iniciativa merecían a pena. Crear parte dun holding empresarial en Chantada foi todo un éxito porque un bo proxecto contaxia ao que ten ao redor e é motor de riqueza da contorna onde se fixa”.
Finalmente, o presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, foi o encargado de pechar este acto cun discurso no que quixo agradecer persoalmente ao presidente de Grupo Hotusa por desenvolver unha iniciativa de tal importancia tanto a nivel económico como social na zona: “O éxito de Hotusa en Chantada non só demostra que é posible emprender grandes proxectos desde o rural, senón que con estas iniciativas todos saen gañando: a empresa, que pode realizar perfectamente o mesmo traballo que nunha gran cidade a menor custo, e toda a contorna, que se beneficia da xeración de emprego e dinamización da economía que implica a chegada deste tipo de iniciativas.
Aínda que é un éxito colectivo, permítanme que destaque o labor de Amancio López, un galego que exerce de galego, sen quen isto non sería posible”.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O Concello de Monforte sancionará por depositar o lixo fora do horario establecido

Seguinte Nova

O proceso electoral do Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra suporá a despedida de José Manuel Rodríguez como Presidente

Últimas noticias sobre EMPRENDEMENTO

Ir aInicio

Don't Miss