O Parlamento galego aproba por unanimidade pedir ao Goberno central a mellora integral da N-120

• A través dunha proposición non de lei do Grupo Popular que tamén solicita a reactivación das obras de construción da A-76

A deputada Raquel Arias durante unha sesión da Comisión de Infraestruturas. Foto GPXG.

O Parlamento galego vén de aprobar por unanimidade a proposición non de lei do Grupo Popular a través da que se solicita ao Goberno de España que acometa a reparación urxente da N-120, de tal xeito que se avance na mellora integral da vía (incluída a implantación de terceiros carrís de adiantamento) e se reduzan os riscos para a seguridade viaria que presenta neste momento debido ao deterioro do seu firme e á falta de funcionalidade. Así mesmo, pídese que se reactive as obras de construción e posta en servizo da A-76, como itinerario alternativo para a mellora da comunicación e vertebración das provincias de Lugo e de Ourense e destas coa Meseta.
A deputada popular Raquel Arias sinalou que a N-120 “é unha estrada estratéxica e sen alternativa pola que circulan a diario máis de 8.000 vehículos, segundo os datos do Ministerio de Transportes, e cunha vía alternativa, a autovía A-76, prevista desde hai 18 anos e da que aínda non está feito nin un só quilómetro”.
Raquel Arias explicou que a N-120 é unha estrada que a diario teñen que empregar milleiros de veciños da comarca de Valdeorras para achegarse á capital da provincia, así como o tráfico pesado desta comarca cara ao porto de Vigo ou Portugal”. “O lamentable estado desta vía tamén prexudica aos veciños das comarcas lucenses de Quiroga e Lemos, con fortes vencellos laborais, comerciais e lúdicos con Ourense”, apuntou.Neste sentido, saudou que o Ministerio de Transportes anunciara a redacción dun proxecto de mellora integral da N-120. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O proxecto de Indukern en Monforte declarado iniciativa empresarial prioritaria

Seguinte Nova

Once exemplares de oso pardo se localizaron nas contornas dos Ancares e do Courel

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

Ir aInicio

Don't Miss