O proceso electoral do Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra suporá a despedida de José Manuel Rodríguez como Presidente

• Leva trinta anos no cargo, dende a súa creación en 1993 como Viños da Terra, e nos últimos anos o seu mandato viuse empañado por diversas polémicas pola non convocatoria de Plenos do Consello Regulador

Jose Manuel Rodríguez, despediuse como Presidente do CRDO Ribeira Sacra. Foto GPCRDO R.S..

Non é doado levantar unanimidade á hora de axuizar un mandato tan longo como o de José Manuel Rodríguez á fronte do Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra. En trinta anos houbo tempo para todo tipo de acertos e erros, e aínda que é certo que as polémicas máis recentes xeradas pola súa negativa a convocar un pleno para tratar unha moción de censura puxeron en dúbida o seu traballo, con todo, sería inxusto esquecer os duros comezos, nos que non había nada e todo estaba por facer. Cando todo no que hoxe se converteu a Ribeira Sacra só estaba na cabeza duns visionarios, entre os que, sen dúbida, estaba José Manuel Rodríguez.
Agora tocáballe despedirse, e fíxoo a través dunha rolda de prensa, na que confirmou que non estará en ningunha lista e polo tanto confirmaba o final a trinta anos de mandato.
O todavía Presidente, defendeuse das acusacións recibidas nos últimos tempos de non cumprir as normas e non ter convocado plenos do Consello Regulador, e fíxoo reivindicando transparencia do seu traballo, “Deixo de ser presidente e de min dixéronse un montón de cousas que son mentira. Presento unha resolución que avala o que dixen, pasados os 4 anos de mandato estabamos en periodo de prórrogas, e así non se podían convocar plenos (de moción de censura)”, asegura José Manuel Rodríguez. “Sempre fixen todo o traballo dentro da legalidade e houbo outra xente que non estivo dentro da legalidade, pregúntenlle a eles porque non fixeron o que tiñan que facer e refírome tamén á AGACAL e á súa Consellería.”
“Agora hai unha eleccións e hai unhas listas, nesas listas hai uns señores que falaron isto, incumpriron isto e fixeron estas propostas, baixar o grao, baixar os controis. Hai xente nestas listas que apoia que todo o Val de Lemos sexa unha viña e que se saquen os viñedos das ribeiras e se pasen para os llanos,… que expliquen eles porque queren estas cousas.
Agora vai haber unhas eleccións, cada un que explique as súas posturas, pero claramente, poñendo as cousas enriba da mesa e aproveitar para clarificar posturas en lugar de contar milongas”, afirma Rodríguez.
José Manuel Rodríguez fai este anuncio agora “porque me xubilo e de min dixéronse verdadeiras barbaridades. Ata agora era Presidente dun Consello e tiña que manter a calma e a tranquilidade cando outros non facían o que tiñan que facer.”
Ata o momento hai dúas candidaturas oficialmente presentadas neste proceso electoral e José Manuel Rodríguez de 66 anos non aparece en ningunha, atrás quedan 3 décadas adicadas ao viño e a este territorio, “Quédame a satisfacción do deber cumplido. Dixen que traería o barco a porto e fíxeno. Un traballa para facer as cousas da mellor maneira e os resultados están aí, son bos, que como todas as cousas son matizables, valorables, pois si, pero a realidade é que saimos de cero e hoxe estamos nun territorio cun nome, cunha dimensión internacional e todo isto se se plantexa hai 30 anos soaba a cousas de tolos.
Hoxe existe porque se fixo un traballón para que isto sexa así. Só fun un máis dos que traballou nisto, un participante de que isto sexa o que é.”
José Manuel Rodríguez asegura que a nova presidencia dirixirá o futuro da D.O., desexa que se, “traballe honradamente polo territorio, sen ideoloxías nin cousas preconcebidas para seguir adaptándoa á realidade que vivimos, non hai nada máis que traballo e traballo. Cambiar o modelo de viticultura da Ribeira Sacra, queremos iso?” .•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O Grupo Hotusa celebra o X aniversario da súa sede de Chantada

Seguinte Nova

Lembremos a Rosalía, no aniversario do seu nacemento

Últimas noticias sobre O MUNDO DO VIÑO E DO AGRO

Ir aInicio

Don't Miss