O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes coñeceu as melloras ambientais e nas infraestruturas municipais de Sober

O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, visitou xunto coa directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, e o Alcalde Luís Fernández Guitián, o concello de Sober para coñecer as melloras realizadas nos últimos anos ao abeiro da Orde para a creación ou mellora de infraestruturas vinculadas á prestación de servizos municipais e do Fondo de Compensación Ambiental. No marco destas liñas de axudas, a Xunta impulsou nos anos 2021 e 2022 diversos proxectos con achegas que suman máis de 76.000 euros. Diego Calvo visitou a contorna da alameda, na que se reformaron o parque infantil e a área biosaudable, así como a súa contorna, cunha colaboración do Goberno galego de 36.336 euros enmarcada na Orde de infraestruturas. Coas obras renováronse os elementos de xogo e a pavimentación a prol dunha maior seguridade, ademais de mellorar a integración das áreas na paisaxe.
Por outra banda, a través do Fondo de Compensación ambiental acondicionouse a cuberta da oficina de turismo para mellorar a eficiencia enerxética e o confort da edificación. Tamén se adquiriu un vehículo eléctrico tipo furgoneta, apostando así pola mobilidade sustentable no traslado do persoal municipal e dos materiais precisos en tarefas de protección e conservación do medio. A Xunta destinou a estas accións 9.714 e 29.960 euros, respectivamente. O vicepresidente segundo incidiu na importancia destas liñas de axudas no marco do compromiso do Goberno galego cos concellos, como administracións máis próximas á cidadanía na prestación de servizos básicos, e co reequilibrio territorial, ao facilitar uns servizos de calidade a todos os galegos e galegas con independencia do seu lugar de residencia. Así, nos últimos anos as medidas de apoio ao eido local traducíronse en Sober en achegas que suman case 600.000 euros. Diego Calvo lembrou que a Xunta abriu este mes os prazos das novas convocatorias da Orde de infraestruturas, dotada con 3,5M€, e do Fondo de Compensación Ambiental, cun orzamento superior aos 11 millóns de euros. “Animamos as entidades locais a participar destas medidas, que só no pasado ano impulsaron 325 proxectos en todo o territorio galego” apuntou.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Por Chantada demanda que a Xunta dote de fondos os planos de mellora, incorporacións e á produción ecolóxica

Seguinte Nova

Sober comeza o Entroido co xoves de compadres e recupera o seu tradicional baile da cachucha

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

A %d blogueros les gusta esto: