A Olimpíada Española de Xeoloxía é unha competición académica centrada nos contidos de Ciencias da Terra. Diversas asociacións vinculadas coa Xeoloxía, coordinadas pola Asociación Española para o Ensino das Ciencias da Terra (AEPECT), organizan anualmente estas Olimpíadas. A convocatoria diríxese a todos os alumnos do sistema educativo español que estean matriculados en 4º de ESO ou Bacharelato. O Xeoparque Montañas do Courel foi a sede escollida para a fase final da fase galega da Olimpíada de Xeoloxía, e contou coa participación de 60 estudantes, que participaron nas probas que tiveron lugar no Museo Xeolóxico en Quiroga e no Centro de Interpretación da Minaría Aurífera Romana en Ribas de Sil. A competición comprende unha proba teórica -cunha serie preguntas de tipo test- e unha proba práctica por equipos. Os gañadores da proba pasarán a representar a Galicia na final nacional desta olimpíada que se celebrará en Xaén o 25 de marzo. Ademais, os estudantes de segundo de bacharelato poderán optar a unhas bolsas universitaria. •