Once exemplares de oso pardo se localizaron nas contornas dos Ancares e do Courel

Galicia acolle 11 exemplares de oso pardo segundo os datos do estudo de poboación desta especie realizado na cordilleira Cantábrica, tal e como informou a directora xeral de Patrimonio Natural, Belén do Campo, nunha rolda de prensa xunto cos seus homólogos das comunidades de Asturias, Cantabria e Castela e León.
Máis polo miúdo, e logo de agradecer o traballo dos 25 axentes ambientais e do persoal técnico da Dirección Xeral que colaboraron neste estudo, Belén do Campo explicou que os exemplares se localizaron nas contornas dos Ancares e do Courel, o que “confirma a conectividade entre ambas serras, algo que ata o de agora era só unha suposición”.
Este censo levouse a cabo por parte das comunidades da cordilleira cantábrica baixo a coordinación do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (MITECO) e co asesoramento do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC) e da Universidade Autónoma de Barcelona. De feito, é a primeira ocasión na que se realiza un estudo de xeito simultáneo en toda a área de distribución do oso pardo usando a mesma metodoloxía -técnicas xenómicas e modelos de estima poboacional de captura-recaptura.

Metodoloxía empregada
Así, a recollida de mostras realizouse entre o 1 de setembro e o 15 de decembro de 2020 a través de 239 cuadrículas – 43 en Galicia: 34 na provincia de Lugo, 4 na de Ourense e 5 no Parque Natural do Invernadeiro- ao longo dunha superficie total de 16.700 km2 -1.261 km2 na nosa Comunidade-. En total recolléronse 1.288 mostras -936 excrementos e 352 mostras de pelo-, das que 6 se localizaron en Galicia. E, a partir dos xenomas obtidos e aplicando os modelos de captura-recaptura, o resultado da estima poboacional de oso pardo cantábrico alcanza unha estimación de 370 exemplares, dos que 11 se localizan en Galicia; 31, en Cantabria; 131, en Asturias, e 197, en Castela e León.

Axudas para paliar os danos ocasionados polo oso pardo
Á vista destes resultados, a directora xeral incidiu na necesidade de continuar traballando en favor da coexistencia do oso pardo coas actividades humanas mediante a adecuada compensación dos danos ocasionados por esta especie no sector agrogandeira, especialmente nas actividades apícolas.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O Parlamento galego aproba por unanimidade pedir ao Goberno central a mellora integral da N-120

Seguinte Nova

O Concello de O Saviñao adhírese ao o Programa Xantar na Casa

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

Ir aInicio

Don't Miss