O grupo municipal Por Chantada – Interior Galego Vivo vén de presentar unha moción para a dotación de fondos por parte da Xunta aos planos de mellora, incorporacións e á produción ecolóxica na campaña 2022 e para o período 2023-2027 dentro da aliña de desenvolvemento da PAC. A PAC contén o Pacto Verde cuxo alvo é atinxir 25% da SAU dos 27 estados membros da UE de produción ecolóxica en 2030 e traduciuse en 2022 na liña de axudas da Consellaría de Medio Rural que, ao ser de concorrencia competitiva e estabelecer unha priorización de 2 pontos para as exploracións de montaña e de 1 ponto para as situadas en Rede Natura, deixou fóra, de por si, a meirande parte das pequenas granxas de leite e de pequenos produtores de horta e de carte de vacún, mais tamén a producións de ovino e cabrún en ecolóxico. Dende Por Chantada, califican dunha manifesta e incomprensíbel irresponsabilidade deixar fóra desde a Xunta ao 43% das hectares solicitantes, nomeadamente cando desde maio tiñan os dados na Consellaría e había fundos do PDR. A falta de planificación crónica no agro galego e a intensidade das axudas através da PAC e de fundos nacionais para a agricultora ecolóxica noutros estados da UE (Alemaña, Dinamarca, Austria, Franza…) sitúa nun beco sen saída a agricultura ecolóxica galega se se exclúe destas axudas.
Aperda das axudas á produción ecolóxica asóciase a risco de feche de exploracións, nomeadamente naquelas con solicitantes de nova incorporación polo castiga aínda máis a aquelas iniciativas da mocidade e, daquela, con futuro no territorio. Estas persoas cómpre saber que renunicaron ás axudas agroambientais que viñan cobrando en convencional por seren incompatíbeis coa ecolóxcio, aumentaron o gasto en asesoramento entre 1.200 e 1.400 euros, cotas de inscrición no CRAEGA (450 euros en media), corrección de incidencias na transición e adaotacións (milleiros de euros), maior custe nos insumos (só no penso 15 céntimos en quilo), perda de ingresos inicial polo descenso da produción… Ao tempo, Por Chantada e IGV subliñan que na Galiza a produción ecolóxica anda aínda arredor de 5%, moi afastada do 25% que marca o horizonte de 2030 da PAC. Este obxectivo é de importancia estratéxica para preservar a biodiversidade, reducir o exceso de fertilizantes e fitosanitarios e, en definitiva, para a seguranza e soberanía alimentarias. Dende Por Chantada-Interior Galego Vivo esixen que a Xunta complete o orzamento da orde de axudas do ano 2022 na cantidade precisa até acadar os 5.6 millóns de euros necesarios para cobrir 100% das solicitudes apresentadas en ecolóxico e o mesmo para as axudas ás producións ecolóxicas para o novo período 2023-2027 da Política Agraria Común.
E tamén reclaman que se manteña o pago por hectárea para aumentar a SAU en ecolóxico e a biodiversidade produtiva apostando pola degrevisidade e o tope de hectáreas en caso de que non houber fondos suficientes, aplicando un criterio racional de xustiza fiscal e redistributiva. En consonancia co anterior, consideramos insuficiente o incremento do 10% no importe das primas con respecto ao 2015 e que se volva ao aprobado no anterior PEPAC. Solicitan transparencia á Xunta para que as decisións adoptadas sexa de coñecemento público, nomeadamente para as persoas produtoras en ecolóxico, co gallo de que poidan reconducir as súas exploracións evitando perdas económicas inxustificadas; e, doutra parte, exiximos dotación orzamentar suficiente para que as incorporacións e planos de mellora permitan que se incorpore á actividade agrícola ou gandeira todas aquelas persoas que cumpran os requisitos, así como acelerar a resolución das peticións desde a Consellaría de Medio Rural. •