Sarria acolleu unha exposicion de gaitas de fol da Peninsula

O Cárcere de Sarria vén de acoller unha exposicion de gaitas de fol da Peninsula e outros instrumentos musicais, promovida pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo, a través do Centro de Artesanía e Deseño.
A exposición contén unha viaxe pola historia das gaitas de fol, así como unha explicación das diferentes culturas que a empregan na Península Ibérica e Baleares. Nela amósanse réplicas e orixinais antigos de máis de corenta gaitas de fol diferentes, así como numerosos instrumentos de percusión que as acompañaron, facendo especial fincapé naqueles empregados polas mulleres. A mostra divídise en cinco partes: Na primeira explícase a orixe da gaita de fol a partir dos antigos instrumentos soprados directamente coa boca, amosando modelos de gaitas moi primitivas como as norteafricanas ou algunhas aínda conservadas en Galiza, así como diversos modelos de gaitas e instrumentos medievais relacionados con elas.
Na segunda parte ensínase como aprendían os nenos galegos, repetindo exactamente a historia da gaita de fol na secuencia de instrumentos musicais que empregaban para chegar á gaita de fol dos adultos: desde as sinxelas gaitas de palla, pasando polos instrumentos soprados directamente coa boca, idénticos aos da antigüidade, ata poñerlles a estes un pequeno fol e construír modelos como as gaitas de fol máis primitivas.
A terceira parte está dedicada á construción das gaitas, un proceso que non variou substancialmente dende a Idade Media ata principios do século XX. Amósanse as ferramentas antigas que empregaron os artesáns peninsulares e explícase con detalle o proceso de construción.
Nunha cuarta parte ensínase como os instrumentos que acompañaron ás gaitas de fol variaron ao longo da Historia.
A última parte da exposición fai un percorrido polas diversas culturas peninsulares e insulares nas que a gaita de fol chegou ata nós, adquirindo en cada caso características propias. Así, recolle a grande variedade de modelos achada en Galicia, algunhas moi relacionada coas principais rutas do Camiño de Santiago: as gaitas da Terra Chá e a gaita de ronquillo Chairega, as gaitas da Galiza central, a gaita de ronquillo da Zona Occidental, a gaita de catro voces de Arzúa e Terra de Melid ou a gaita de barquín. Despois exploráse a variedade de gaitas que se atopan nas rutas xacobeas: polo Camiño do Norte, as gaitas da zona entre o Eo e o NAvia, dacabalo entre Asturias e Galiza, a gaita Asturiana e gaita Cántabra. O Camiño Francés lévamos polas gaitas Bercianas e a visitar as gaitas de boto aragonesas así como os sacs de gemecs cataláns e as súas irmás, as xeremies mallorquinas.
O camiño xabrés conduce por outras tres culturas ben diferenciadas entre si que empregan a gaita de fol: a Xabresa, a Alistana e a Trasmontana, xa en Portugal.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O ciclismo internacional volve ás estradas da provincia de Lugo da man da Vicepresidencia da Deputación de Lugo

Seguinte Nova

O proxecto de Indukern en Monforte declarado iniciativa empresarial prioritaria

Últimas noticias sobre CULTURA

Ir aInicio

Don't Miss