Sober comeza o Entroido co xoves de compadres e recupera o seu tradicional baile da cachucha

O Concello de Sober organiza o vindeiro 18 de febreiro o seu tradicional Baile da Cachucha, que este ano celebra a súa XV edición recuperando o formato que tiña antes da pandemia. Ese mesmo día, haberá desfile de comparsas polas rúas de Sober a partir das 17:00 horas.
A partir das 18:00 horas haberá música, inchables, xogos e merenda para todos e todas os asistentes no pavillón municipal.
Ás 19:30 horas dará comezo o desfile de disfraces con premios para as mellores máscaras nas categorías de comparsas, parellas e individuais. O Concello de Sober ten confirmada a participación dunha comparsa con máis de 100 compoñentes.
A partir das 20:00 horas haberá degustación de cachucha e viño.
Previamente, onte 9 de febreiro o entroido comezaou coa celebración do xoves de compadres. E o 16 de febreiro terá lugar o xoves de comadres.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

O vicepresidente segundo e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes coñeceu as melloras ambientais e nas infraestruturas municipais de Sober

Seguinte Nova

Pantón renova o alumeado público
en 53 zonas do municipio

Ir aInicio

Don't Miss