A Deputación de Lugo celebra o 8-M cunha nova edición do ciclo de concertos Con Voz de Muller

• Dentro da programación conmemorativa que organiza a Deputación con motivo do Día da Muller, o Pazo de San Marcos acollerá dende o 6 de marzo a exposición Elvira López Mourín. Unha enfermeira de altura

A Deputación de Lugo lanza a segunda edición do ciclo de concertos Con Voz de Muller 8-M, unha iniciativa coa que a institución achega aos concellos da provincia música en feminino con motivo do Día Internacional da Muller, que se conmemora cada 8 de marzo.
A Deputada de Muller e Igualdade, María Loureiro García, subliña que esta iniciativa musical tivo “moi boa acollida o ano pasado, polo que decidimos reeditala, para celebrar o Día da Muller favorecendo a visibilización e o empoderamento das mulleres a través da música”.
A institución provincial contará nesta segunda edición de Con Voz de Muller 8M coa Banda da Loba, un grupo de cinco mulleres que unen pop, blues, folk, rock e sons tradicionais que converxen nun estilo singular; Caamaño&Ameixeiras, que conectan o violín e o acordeón para facer música folk en galego; Catuxa Salom, que dende unha pequena aldea xera un estilo electrónico que fusiona o folklore galego con ritmos tribais mezclado con coros de armonías; e Margarida Mariño, quen renova os sons do violonchelo clásico con pedais de efectos, voces, loops e electrónica.
Loureiro valorou o incremento de voces femininas no panorama musical galego “que fan música con linguaxe propia, que lle poñen letra á nosa realidade e reivindicacións, que falan das diferentes formas de querer, e que son o exemplo de como xuntas somos máis e mellores”.
“Cremos que pode ser interesante que os nosos pequenos e pequenas veñan, porque a música é expresión, liberdade e emoción, e a música serve para conmover e remover conciencias”, indica a Deputada, quen avanzou que a institución provincial entregará agasallos ás persoas que acudan aos concertos.

Concellos, días e horas

  • Vilalba – Concerto da Banda da Loba. Data: Venres, 3 de marzo ás 20.30 horas. Lugar: Auditorio Carmen Estévez.
  • Taboada – Concerto de Caamaño&Ameixeiras. Data: Sábado, 4 de marzo, ás 19.00 horas. Lugar: Praza Riazón.
  • A Fonsagrada – Concerto de Catuxa Salom. Data: Domingo, 5 de marzo, ás 19.00 horas. Lugar: Salón de Actos dos Chaos.
  • Viveiro- Concerto de Margarida Mariño. Data: Domingo, 5 de marzo, ás 19.00 horas. Lugar: Teatro Pastor Díaz.

Exposición sobre Elvira López Mourín
O Pazo de San Marcos acollerá dende o luns 6 de marzo a exposición Elvira López Mourín. Unha enfermeira de altura. Trátase dunha mostra impulsada pola Academia de Enfermería de Galicia e o Colexio de Enfermería de Lugo, coa que colabora a Deputación de Lugo. A exposición busca dar a coñecer a figura desta enfermeira lucense, que fai cen anos converteuse na primeira en participar nun voo médico sobre o territorio inimigo no conflito do Rif.
A Deputación tamén colaborou coa edición do libro sobre a vida desta sanitaria, un proxecto ao que dedica nove mil euros.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Enquisas

ESTÁ CONFORME CO PROXECTO PARA CONSTRUÍR UNHA NOVA PONTE DE FERRO NO MALECÓN EN SUBSTITUCIÓN DA PASARELA PEONIL ACTUAL?

Cargando ... Cargando ...

Resumen mensual de noticias

Nova Anterior

Lembremos a Rosalía, no aniversario do seu nacemento

Seguinte Nova

XL FEIRA DO VIÑO DE CHANTADA

Últimas noticias sobre CULTURA

Ir aInicio

Don't Miss